30 anos



  • opració Quilo

    DESCRICIÓN: Nos meses de novembro e decembro (aínda que o deseño da campaña comézase en setembro) organízase a Operación Quilo, en colaboración con Cáritas Diocesana, para conseguir quilos de comida, xoguetes e cartos (para gastar en alimentos de primeira necesidade) para as familias máis desfavorecidas de Ourense. Durante estes dous meses vanse dando pasos para que isto sexa posible e, nos días anteriores ao Nadal, faise unha Operación Quilo intensiva na que todos e todas nos dedicamos a recoller alimentos polos supermercados nos que se colocaron carriños, a arranxar e limpar xoguetes, a comprar alimentos cos cartos que se recollen nos petos distribuídos por diferentes establecementos comerciais da cidade, a colocar comida e facer paquetes para distribuílos entre as parroquias...

    Despois, a distribución de todos estes “quilos” xestiónase a través das Cáritas parroquiais.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU