30 anos



  • Curso

    DESCRICIÓN: Cada ano potenciamos a formación continua das persoas voluntarias da nosa Asociación organizando un curso oficial de Monitores/as e/ou Directores/as de Actividades de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela.

    A titulación obtida é oficial e está recoñecida pola Xunta de Galicia.

    Estes cursos facémolos abertos a toda a cidade de Ourense.

    Adóitanse desenvolver no primeiro trimestre do curso escolar.

     

    De cando en vez tamén levamos a cabo algúns cursos monográficos de temática diversa e específica. Adoitan ser cursos de fin de semana (no segundo e terceiro trimestre do curso escolar), cunha duración aproximada de 4, 8 ou 12 horas; para estas accións formativas contamos tamén coa colaboración da Escola de Tempo Libre Don Bosco de Compostela e tamén están abertas á cidade de Ourense.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU