30 anos



  • Contratacion Garantia Xuvenil

    Resultado de imagen de fondo social europeo iniciativa de emprego xuvenil

    Comezamos o curso cunha boa nova. O programa de acollida, integración e atención socieducativa no tempo libre "Xangal" conta este ano cun novo apoio a través da figura dun monitor de tempo libre contratado durante 7 meses grazas a subvención da Conselleria de Traballo da XUnta de Galicia para a contratación de persoas desempregadas do programa de Garantía Xuvenil. Esta axuda está cofinanciada nun 91,8% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa operativo de emprego xuvenil.

    Vémonos neste ano de grandes actividades!!!

    O programa Xangal conta cos seguintes obxectivos:

    -Atención dun Punto de Información Xuvenil para mozos, voluntarios e familias.
    -Atención dun cíber para nenos e mozos de luns a venres como recurso educativo, lúdico, informativo e canle de comunicación. Inclúe momentos formativos en NNTT para os destinatarios.
    -Atención e animación da ludoteca de nenos de luns a venres con xogos para nenos a partir de 3 anos onde poden estar cos pais, merendar...
    -Atención e animación da sala de xogos que conta con futbolín, pimpón e xogos de mesa para mozos aberta de luns a venres como recurso de tempo libre e punto de encontro.
    -Atención do apoio educativo e sala de estudo: para nenos e mozos de luns a venres facilitando espazos de estudo, para facer traballos e traballo en grupos...
    -Atención á Biblioteca de luns a venres como espazo cultural, de lectura, contacontos...
    -Mantemento e coordinación da sala de exposicións de luns a venres como punto de formación para mozos e posibilidade de expoñer ou participar na montaxe.
    -Acentuar o protagonismo xuvenil nas múltiples ofertas para os mozos onde eles mesmos son os destinatarios e realizadores das mesmas.
    -Elaboración de material informativo e de imprenta para o Punto de Información Xuvenil coa finalidade de promoción do voluntariado, o asociacionismo xuvenil e a formación dos mozos e mozas.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU