Camiño á fama. Festival de playbacks e coreografías
O 29 de maio ás 18:00 h celebraremos o festival benéfico "Camiño á fama". Nel poden participar grupos ou solistas maiores de 10 anos, que interpreten unha coreografía ou un playback. É unha iniciativ aberta a toda a cidade de Ourense, que ten por obxectivo ser un punto de encontro e lanzamento para todos os afeccionados ao baile e á interpretación. Organizarase un concurso no que o xurado premiará as mellores actuacións. A recadación das entradas destinarase íntegramente para o Proxecto "Campamentos urbanos".
Podes ver algúns videos de actuacións de outros anos: video1, video2, video3, video4
Sigue lendo para ver as bases do concurso e as fichas de inscrición.
Ler mais. Camiño á fama. Festival de playbacks e coreografías
Feira sen fume
En Amencer sempre defendemos a práctica de actitudes saudables. Unha delas a prevención do consumo de tabaco entre a xente moza, por iso teremos este sábado 29 de maio cos rapaces de Andaina e ADS a nosa Feira sen Fume onde, mediante xogos, explicamos os riscos do tabaquismos e os beneficios dunha vida sá. Esta actividade é devida a que estamos próximos ao Día Mundial Sen Tabaco, o 31 de maioReunión coas familias dos participantes nos campamentos
O martes 25 ás 20:00 h. teremos unha reunión no Aula Magna do colexio salesiano cos pais/nais/titores dos participantes nos campamentos de verán organizados por Amencer. Principalmente está dirixido aos que queiran participar nos campamentos de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado. Nesta reunión explicaremos en qué consiste, onde, cando,... e todo o preciso para os campamentos. Se estás interesado en ir non podes perderte esta reunión. Ademáis resolveremos calqueira dúbida que xurda neste tema.Festas de María Auxiliadora
Durante estes días festexamos a o Día da nosa patrona: María Auxiliadora. Ademáis de outras celebracións, en Amencer imos a ter unha actividade especial para os rapaces de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado o sábado 22 de 16:30 a 18:30 h. Consistirá nunha xincana de xogos onde se conseguirán vales canxeables por gominolas. Estás convidado!Día da Federación / Encontro co Reitor Maior
Con motivo da visita do Reitor Maior a Galicia, imos a festexar o Día da Federación na súa compaña o próximo 15 de maio en Compostela. Será un encontro conxunto cos Centros xuvenís das Federacións de Galicia e Castela e León e estará cheo de actividades para festexar este encontro. Inscríbete en Amencer se queres participar.
Para ver horarios e actividades preme aqui.
Máis artigos...
Páxina 3 de 14








