Felicidades Jose Luis
Dende Amencer queremos dar a nosa máis sinceira noraboa ao noso compañeiro Jose Luis Paz, que este domingo festexará que vai a ser Salesiano para sempre. Tamén queremos convidar a todos os que queiran compartir este momento de ledicia con Jose Luis a asistir ao acto que se celebrará na igrexa de María Auxiliadora de Ourense este domingo 16 de maio ás 13:00 h.Xuntanza ADS en Compostela
O sábado 8 de maio os rapaces de ADS celebraremos a nosa Xuntanza con outros ADS de toda a comunidade galega. Teremos un roteiro durante a mañá e xogos populares pola tarde. Pero o máis importante é que imos a compartir o día con outros compañeiros coma nós que volveremos a ver no campamento.
Sairemos en autobús dende Amencer ás 9:30 h, e regresaremos ás 19:30. É preciso entregar autorización asinada para participar.
Revista Campamento Urbano
A Tope na Ponte 1 de maio
Este ano non todos facemos ponte de 1 de maio, pero en Amencer sí que facemos A Tope na Ponte, actividades dende o 29 de abril ao 1 de maio. Todas as actividades son abertas á participación de toda a cidadanía de Ourense. Este ano teremos torneo de futbol feminino, un concerto, unha festa do pixama, exposicións artísticas,... Preme en "ler máis" para ver o programa.
Festa do pixama
O sábado 1 de maio, de 11:00 a 12:45 h teremos a nosa "Pixamada", ou Festa do Pixama. É unha actividade conxunta para os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS e o único requisito para participar é que hai que traer á actividade un pixama para poñelo durante a mesma. Tamén se pode traer un boneco de peluche. Será unha xincana de xogos diferente!Máis artigos...
Páxina 4 de 14








