Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

En galego tamén se fai ciencia

banner_125x125

 

Torneo de fútbol sala feminino

Amencer e a ADB organizamos por quinto ano consecutivo o Torneo de Fútbol Sala Feminino 1º de maio para favorecer que as rapazas ás que lle guste o fútbol sala, e non teñen a oportunidade de participar en ningunha liga ou competición, poidan practicar este deporte e medirse con outros equipos polo menos unha vez ao ano.

Será un torneo aberto no que poderán participar todas as rapazas e mozas, a partir dos 12 anos, que o desexen.

Ler mais. Torneo de fútbol sala feminino

 

Camiño á fama

Preme para informarte



   

Festa do pano

A fin de semana do 24 e 25 de abril, como cada ano, os rapaces de Trisquel (Buxaina, Andaina e ADS) iremos á vila de Allariz a festexar a "Festa do pano". Será unha fin de semana chea de actividades (obradoiros, baño na piscina, grandes xogos, xogos nocturnos,...) e destacamos a máis importante, a imposición dos símbolos de cada grupo. O domingo están convidados a participar tamén as familias dos rapaces. Preme en "ler máis" para máior información e para apuntarte.

Ler mais. Festa do pano

   

Contacontos no Día do libro

O venres 23 de abril ás 18:00 h os máis cativos poderán gozar dun contacontos organizado por animadores de Amencer. Será na sala Xangal (debaixo da Sala Aberta) e a entrada é gratuita e aberta a todos os rapaces. Este acto pretende conmemorar o Día do Libro dun xeito lúdico.



   

Entrevista radiofónica

Compartimos con vós unha entrevista realizada a Laura Valcárcel, coordinadora da Asociación xuvenil Amencer, onde explica un pouco a nosa traxectoria durante estes 23 anos e o funcionamento de Amencer. Dita entrevista realizouse no espazo da cadena Cope "Foro Solidario", da Fundación Amigos de la Barrera.
   

Páxina 5 de 14