Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

En galego tamén se fai ciencia

banner_125x125

 

Reunión cos pais/nais de Buxaina

O Venres 16, de 19:15 a 20:00 h,o equipo coordinador de Buxaina organiza unha reunión informativa cos pais dos rapaces e rapazas do grupo co gallo de:
  • Presentar a vindeira festa do pano
  • Presentar un resumo das actividades do ano
  • Presentar a Acampada de Verán.
Así tamén compartir opinións sobre o grupo e o seu funcionamento.
Todos os pais que o desexen disporan de Xangal para deixar ali os rapaces e rapazas, con animadores/as buxaina e responsables de Xangal.
 

Publicación Trisquel

Xa temos publicada a "Folla voante Trisquel" deste 3º trimestre. Esta publicación é para as familias dos participantes nons grupos de animación de Amencer nas fins de semana (Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado). Nela poderemos ver unha escolma de fotos de actividades do trimestre pasado e ver todas as actividades que imos a ter no noso calendario (incluido os campamentos). Por suposto, tamén contamos cos nosos apartados adicados especialmente para as familias,"Recuncho das familas". Esta trimestre o artigo recomendado e este poema de Mario Benedetti (ler aqui). Podes ver a publicación premendo na imaxe:
   

Tempos de diversión

Durante estas vacacións de Semana Santa celebraremos a terceira edición de "Tempos de diversión...en Semana Santa", na que poden participar gratuitamente rapaces de toda a cidade entre 6 e 14 anos. Serán os días 29, 30 e 31 de marzo, e 5 de abril, polas mañás entre as 10:30 e  as 13:30 h, e polas tardes entre as 16:00 e as 19:00 h. Infórmate en Amencer cómo participar.

Circular informativa

Ficha de inscrición

Actividades
Prensa: artigo1, artigo2, artigo3, video

 

 

   

Torneos de futbol sala e baloncesto

Seguindo coa nosa promoción dunha vida sana a través do deporte, nesta Semana Santa teremos dous torneos. Pásate por Amencer para apuntarte con anterioridade a calqueira dos dous e informarte das reglas dos torneos.

Torneo de Baloncesto 3x3: Luns 29, de 17:30 a 21:00 h.

Torneo de Fútbol sala: Martes 30, dende as 11:00 h.

   

Estamos de cumpreanos!

En Amencer cumprimos xa 23 anos de vida dende aquel 23 de marzo de 1987, data da nosa inscrición como Asociación Xuvenil. Como todos os anos, queremos festexalo con todos aqueles que poidan achegarse. Para elo temos as seguintes actividades:

Concerto do aniversario

Exposicións "23 anos"

   

Páxina 6 de 14