Asemblea trimestral e convivencia
Como todos os anos, ao comezo das vacacións de Semana Santa os animadores de Amencer teremos a nosa Asemblea trimestral. Será o sábado 27 de marzo, de 10:30 a 13:30 h. Como consecuencia, NON haberá actividade de Buxaina, Andaina e ADS esta fin de semana.
Noite Trisquel
O xoves 18 teremos a nosa tradicional "Noite Trisquel", onde os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS teremos unha actividade nocturna e quedaremos a durmir nas instalacións do colexio salesiano. A actividade xirará en torno ao mundo do circo, con distintas probas e actuacións, e logo dun cacao quente iremos todos a durmir. O horario é dende as 22:30 do xoves ate as 9:30 do venres. Os ADS comezaremos antes porque cearemos todos xuntos ás 21:00. É preciso entregar a autorización para participar nesta actividade.Terceiro premio na Canción Misionera
Noraboa á Comisión Música de Amencer, que ven de conseguir o terceiro premio no 41º Festival da Canción Misionera de Ourense. Podemos ver as crónicas escritas premendo nestas ligazóns: La Voz, Faro de Vigo e Obispado de Ourense. Tamén podemos escoitar a nosa canción aqui.
A Tope na Ponte de San Xosé
Como todos os anos, durante a ponte da festividade de San Xosé (16 ao 20 de marzo) teremos un bo número de actividades abertas á participación de calquera.Preme en ler máis para ver os horarios.Colaboramos enchendo "Un contenedor de ilusión"
A última colaboración que estamos a realizar é coa ONG "Ayudemos a un niñ@" nun proxecto para enviar un contenedor de axuda humanitaria a Nicaragua, coa colaboración de MRW, chamado "Un contenedor de ilusión". É xa o terceiro envio que realiza esta ong con zapatos, roupa, material escolar, xoguetes,... para as comunidades rurais dos Departamentos de León, Matagalpa e Chinandega. Para máis información, preme aqui.
Máis artigos...
Páxina 7 de 14








