Exposición "Bóveda contado á xente nova"
Na Sala de exposicións "15 anos" de Amencer poderase visitar a montaxe "Bóveda contado á xente nova".
A exposición consta de dezasete paneis onde se presenta a vida de Bóveda a través de debuxos e de breves textos.
Dia internacional da muller
O 4 de marzo participaremos nun acto conmemorativo do Día internacional da Muller, baixo o lema "A igualdade é necesaria e o necesario debe ser posíbel, non te cales, estase decidindo o futuro da humanidade". Neste acto participarán moitas entidades que defendemos a Igualdade entre mulleres e homes e daremos a nosa visión baixo o título "Tamén no tempo libre e no xogo, nenas e nenos, cóbado con códado". A participación está aberta a toda a cidade. Será as 20:30 h. na Casa da Xuventude de Ourense.
Xuntanza Andaina e Buxaina
O vindeiro 6 de marzo celebrase conxuntamente as Xuntanzas de Andaina e Buxaina en Santiago de Compostela. Faremos una anaco do camiño de Santiago e gozaremos da compaña doutros centros xuvenís de toda Galicia. Preme aqui para máis información.Sairemos en autobus ás 9.30 e voltaremos ás19:15 h.
Colabora con Mans Unidas
Dende Amencer estamos a colaborar coa campaña de Mans Unidas "Contra a fame, defende a Terra". Esta campaña está empeñada na erradicación da pobreza e a fame, dende a defensa da Terra e o coidado do medio ambiente, conscientes de que os efectos dos cambios e desastres climáticos afectan sobretodo á vida das persoas con menos recursos. Podes colaborar adquirindo os productos de Mans Unidas que temos na Sala Aberta. (camisetas, pulseiras, libretas, bolsas, ....)Supendida a excursión á neve
Queremos informar que, por mor de que as previsións para o sábado en Manzaneda son de rachas de vento moi fortes, vémonos na obriga de suspender a excursión prevista para este sábado. No seu lugar teremos unha actividade conxunta (para Buxaina, Andaina e ADS) nos locais de Amencer de 11:00 a 12:45 horas. Sentimos as molestias.
Máis artigos...
Páxina 8 de 14








