Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

En galego tamén se fai ciencia

banner_125x125

 

Cacharelas de San Xoan

Como xa é tradicional, a noite do 23 de xuño. de 22:30 a 00:30 h. festexaremos a chegada do solsticio de verán coas Cacharelas de San Xoán. Estamos todos os mozos e mozas convidados a participar nunha noite onde teremos, carne, sardiñas, boa compaña e, por suposto, saltaremos a fogueira.


 

Asemblea trimestral de socios

Este sábado 19 de xuño teremos a derradeira Asemblea Trimestral deste curso para os socios/as de Amencer. Os puntos a tratar serán a revisión dos obxectivos propostos para este curso e planificación do verán. A Asemblea é moi curta, de 10:30 a 12:30 h, e sinxeliña. Avisa da túa presenza ou ausencia.
   

Saída á praia

O sábado 12 de xuño festexaremos o fin de actividades, antes dos campamentos, de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado cunha excursión á praia, para darnos o primeiro dos moitos baños deste verán. A esta actividade están convidados a asistir tamén as familias dos participantes. O horario de saída é ás 11:00 h dende Amencer e voltaremos ás 19:30 h. É preciso entregar autorización asinada en Amencer para participar. Non esquecer: gorra, toalla, bañador, crema solar e roupa cómoda.


   

Mañás de Verán

Un ano máis, e xa imos pola quinta edición desenrolaremos o noso campamento Mañas de Verán, do 28 de xuño ao 9 de xullo, para rapaces de 3 a 12 anos. Preme en "ler máis" para máis información e para inscribirte.

Ler mais. Mañás de Verán

   

Xincana de auga

Chega a calor e xa apetece mollarse para refrescarse, por iso o sábado 5 de xuño, de 11:00 a 12:45 h os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS teremos a nosa Xincana de Auga. Será unha xincana onde participaremos por equipos en diferentes xogos de auga. Hai que traer bañador, chanclas, toalla e gañas de mollarse!


   

Páxina 2 de 14