Video para reflexionar sobre a nosa lingua
Dende a Comisión Xalgarete vos achegamos este suxerente video para reflexionar sobre a nosa lingua. Preme sobre a imaxe para velo.Curso monográfico: O xogo de 0 a 6 anos
O próximo 31 de outubro, de 10 a 14:00 horas, con afán de estar en formación continua, impartiremos un curso monográfico sobre a seguinte temática: O xogo para nenos/as de 0 a 6 anos. Preme en ler máis para máis información.Curso de Monitor de Tempo Libre
Dende a A.X.Amencer ofertamos un curso de Monitor de Tempo Libre. Coa realización de dito curso obtense unha titulación oficial de Monitor de Tempo Libre. Realizarase dende o mes de decembro ate xaneiro, durante algunhas fins de semana e vacacións de Nadal. Para máis información, contacta con nós ou descarga o triptico de inscrición aqui.
1174 Participantes: Novo récord na nosa campaña de verán
Queremos compartir con todos vós a nosa ledicia: unha vez rematado o reconto de todos os participantes nas actividades de verán organizadas por Amencer, xa temos o número definitivo: 1174 participantes.
Todos estes participantes son nenos/as, mozos/as e animadores/as que gozaron de calqueira dos 11 campamentos que organizamos dende xuño ate agosto, dos que, seguramente, o máis coñecido sexa o Campamento Urbano.
Esta cifra supera á do verán de 2008, e para nós é algo significativo, tendo en conta que somos unha organización baseada no voluntariado.
Moitas grazas a todos os que fixestedes posible esta realidade.
Podes ler un artigo de prensa desta nova premendo aqui, e ver un video premendo aqui.
Páxina 14 de 14








