Quen somos
AMENCER é a nosa Asociación Xuvenil. Naceu como tal o 23 de febreiro de 1987. Dende as súas orixes, unha chea de persoas vimos traballando no ámbito do tempo libre, tratando de acompañar aos nosos destinatarios no seu proceso de desenvolvemento persoal e grupal a través dunha educación integral no tempo de lecer. A nosa opción é o tempo libre educativo e as nosas portas ábrense ademais de para os nosos socios, para toda a cidadanía ourensá que estea interesada en participar.
AMENCER somos as persoas que compartimos o soño e a ilusión do traballo pola infancia e a xuventude. AMENCER é o equipo de 120 responsables e animadores que coordinan e traballan de forma voluntaria para facer posible que todos os programas e actividades se poidan levar a cabo, ademais dos arredor de 600 rapaces e xente moza que se reúnen semanalmente nos grupos de tempo libre, dende os 6 ate os 18 anos de idade. AMENCER tamén son os máis de 60 proxectos para todas as idades e centros de interese que se dinamizan dende aquí: música, expresión, solidariedade, medios de comunicación, exposicións, deporte, etc.








