Campaña de Verán Amencer 2010

Chegou a calor.... eso significa que está preto o verán e.... o tempo de campamentos! En Amencer xa comezamos coa nosa "Campaña de Verán 2010", o que quere dicir que xa te podes apuntar aos nosos campamentos.
Por que un campamento?
O verán é un tempo privilexiado para o lecer, un tempo para pasalo ben, ter momentos de xogo, de encontro,... e para nos, ese tempo de lecer tamén é un espazo por enriba de todo educativo, no que convivir, medrar xuntos en valores humanos e cristiáns, aprender a relacionarse,... e continuar coa tarefa educativo que vimos desenvolvendo durante todo o ano.
Criterios económicos
Tentamos que os campamentos sexan o máis económicos posibles dentro das nosas posibilidades. Tódolos prezos inclúen viaxes. Queremos destacar como criterio “que ninguén deixe de participar por motivos económicos”. Temos becas, facilidades de pago, aprazamentos, e descontos. En caso de irmáns: págase integramente o campamento máis caro e o segunda irmán terá un desconto do 50% sobre o prezo do mesmo.
No caso de ter algunha dificultade neste aspecto, fala directa e únicamente con Laura ou Xulio e eles explicaranche as becas existentes.
Tamén ofertamos totalmente abertos e gratuitos, como é o Campamento Urbano Infantil e o Campamento Urbano Xuvenil.
Oferta de campamentos
Estes son os campamentos de verán que ofertamos dende Amencer:
Campamentos:
- Mañás de Verán
- Para rapaces de 3 a 12 anos
- do 28 xuño ao 9 de xullo
- no Colexio Salesiano de Ourense
- Díptico informativo
- Ficha de inscrición
- Acampada Buxaina
- para rapaces de 6 a 9 anos
- do 25 ao 27 de xuño
- en Cambados*
- Campamento Andaina
- para rapaces de 9 a 11 anos
- do 15 ao 23 de xullo
- en A Rúa*
- Campamento ADS
- para rapaces de 12 a 14 anos
- do 15 ao 26 de xullo
- en Cambados
- Campamento Urbano Infantil
- para rapaces de 9 a 15 anos
- do 2 ao 13 de agosto
- no Colexio Salesiano de Ourense
- gratuito
- Campamento Urbano Xuvenil
- para rapaces maiores de 15 anos
- do 2 ao 12 de agosto
- no Colexio Salesiano de Ourens
- gratuito
Cursiños:
- Iniciación 1
- para rapaces de 14 a 15 anos
- do 7 ao 15 de xullo
- en Cambados
- Iniciación 2
- para rapaces de 15 a 16 anos
- do 7 ao 15 de xullo
- en Cambados
- Primeiro
- para rapaces de 16 a 17 anos
- do15 ao 23 de xullo
- en Allariz
- Segundo
- para rapaces de 17 a 18 anos
- do 7 ao 15 de xullo
- en Allariz
Inscricións e información
Podes realizar as inscricións ou informarte de calquera destes campamentos en Amencer ou contactando con nós. Nestes días iremos colgando as informacións dos diferentes campamentos.








