Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

En galego tamén se fai ciencia

banner_125x125

 

Mañás de Verán

Un ano máis, e xa imos pola quinta edición desenrolaremos o noso campamento Mañas de Verán, do 28 de xuño ao 9 de xullo, para rapaces de 3 a 12 anos. Preme en "ler máis" para máis información e para inscribirte.

A Asociación Xuvenil Amencer volvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas V Mañás de Verán. As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres, do 28 de xuño ao 2 de xullo a primeira semana, e do 5 ao 9 de xullo na segunda semana, en horario de mañá, dende as 10:00 ata as 13:30 horas dentro das instalacións do colexio salesiano. Os días de piscina serán ata as 18.30 e o último día da velada serán ata ás 18:00 h.

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións do noso colexio fóra do horario escolar.
Sempre se deixará e recollerá ao rapaz/a dentro do colexio, tendo que deixar notificado na ficha de inscrición quen é a persoa encargada de recoller ao participante. Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 1º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos) de Ourense.

Dado as datas nas que se van realizar, é posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos rapaces/zas durante as dúas semanas. Por iso vos damos a opción de que participen nunha ou noutra semana, a elixir por vós, pero sempre semanas enteiras,
nunca días soltos. Se os vosos fillos/as participan na primeira semana e queredes ampliar á segunda, sempre que queden prazas poderedes facelo, anotándovos o xoves 1 de xullo, de 9:45 a 10:30 h. e de 12:45 a 13:30 h., e participarán aqueles que poidan segundo a relación animadores/rapaces, e por rigorosa orde de inscrición.

O tipo de actividades que se levarán a cabo serán, entre outras, obradoiros, xogos de mesa, actividades de animación á lectura, ciencia divertida, xincana de auga, deportes..., que se realizarán sempre dentro do colexio agás algunhas delas que serán fóra do recinto escolar: baño na piscina de Oira unha mañá á semana, saída ao parque Miño para os máis pequenos.... Este ano continuaremos co servizo opcional de gardería que teremos todos os días de 9:00 a 10:00 h e que costará un euro diario a maiores do prezo da cota.

Os horarios serán diferentes a os habituais durante dous días: teremos dous días de piscina por semana e o último día da velada onde os nenos e nenas xantarán no colexio; e pola tarde todos os pais e nais estades convidados á velada, que consistirá nas actuacións que fagan os nenos e nenas no Teatro do colexio Salesiano

Unha cousa que queremos deixar clara dende a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta
oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que fale directamente con Xulio César Iglesias ou Laura Valcárcel, en Amencer, para buscar a mellor solución entre todos.

Nun primeiro momento vos facemos chegar unha ficha de inscrición para cumprimentar e entregar nun prazo marcado por todos aqueles que estean interesados en participar. Haberá unha reunión o mércores 2 de xuño ás 20 h. para todos os pais/nais dos rapaces/zas que estean inscritos, para tervos informados sobre o desenvolvemento, organización e avisos das actividades.
O prazo para entregar a inscrición e a cota será ata o mércores 2 de xuño incluído, entregándoa nos locais da Asociación xuvenil Amencer, tendo en conta que haberá prazas limitadas, podéndose cubrir antes de que remate este prazo. Aínda así, chegada a data tope, poden quedar prazas libres.


Preme para descargar a inscrición de Mañás de verán.