Amencer nas Festas de Ourense
Do 20 ao 27 de xuño serán as Festas da nosa cidade. E este ano dende Amencer estaremos presentes en dúas actividades: o xoves 24 ás 18:30 h no Parque Barbaña, realizando actividades para nenos (globoflexia, maquillaxe, xogos de auga,...); e logo a noite do 26, ás 23:00 h no Xardín do Posío, estaremos no Ourense Dance 2010 recollendo os alimentos que os participantes acheguen para a campaña Operción Quilo "Extra de verán", coa axuda de Cadena 100 Ourense. Covidamos a todos a participar en ambas actividades. Podes consultar o Programa das Festas premendo na imaxe.








