Chisqueiro dixital

(boletín de novas)



feed image

Xalgarete recomenda...

 

En galego tamén se fai ciencia

banner_125x125

 

Amencer

Amencer

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
   

Campamento Urbano 2010

Dende o luns 2 de Agosto ata o venres 13 de Agosto, en Amencer temos a 23ª edición Campamento Urbano baixo o lema "100 pisadas, un camiño". Está destinado a rapaces/as de 9 a 15 anos (ademáis do xuvenil, para maiores de 15). Nesta web tentaremos ir colgando todo o que imos facendo e o que estará por vir nestas dúas semanas. Preme no título da opción que che interese:

Qué é o Campamento Urbano?
Horarios, actividades e avisos
Campamento urbano xuvenil
Revistas de CU anteriores
Cómo colaborar co Campamento Urbano?
Crónicas
Campamentos Urbanos en Galicia
CU nos Medios de Comunicación
Fotos 
Contacto


   

Mañás de verán 2010

Dende o luns 28 de xuño ate o venres 9 de xullo, en Amencer temos as nosas Mañás de Verán 2010, un campamento para rapaces de 3 a 12 anos. Nesta web tentaremos de ir colgando todo o que imos facendo e o que estará por vir nestas dúas semanas. Preme no título da opción que che interese:

Qué é Mañás de Verán? (pdf)

Actividades e avisos para participantes de Infantil

Actividades e avisos para participantes de Primaria

Recomendacións xerais

Prensa

Fotos

 

   

Operación Quilo "extra" de Verán e Ourense Dance

A organización do espectáculo/festa Ourense Dance 2010, Cadena 100 Ourense, e a Asociación Xuvenil Amencer traballamos conxuntamente para levar a cabo unha recollida de alimentos chamada Operación Quilo "Extra de verán". Con este proxecto preténdense dous obxectivos:

  • Concienciar á xente moza da dura situación de veciños ourensáns que estean a pasar dificultades económicas
  • Facer un reparto de alimentos entre as parroquias de Ourense que tentan aliviar dita situación
Convidamos a todos os asistentes a este concerto a levar alimentos non perecedeiros (arroz, pasta, legumes,...) que recolleremos na entrada ao Xardín do Posío, o sábado 26 ás 23:00 h.



   

Amencer nas Festas de Ourense

Do 20 ao 27 de xuño serán as Festas da nosa cidade. E este ano dende Amencer estaremos presentes en dúas actividades: o xoves 24 ás 18:30 h no Parque Barbaña, realizando actividades para nenos (globoflexia, maquillaxe, xogos de auga,...); e logo a noite do 26, ás 23:00 h no Xardín do Posío, estaremos no Ourense Dance 2010 recollendo os alimentos que os participantes acheguen para a campaña Operción Quilo "Extra de verán", coa axuda de Cadena 100 Ourense. Covidamos a todos a participar en ambas actividades. Podes consultar o Programa das Festas premendo na imaxe.



   

Cacharelas de San Xoan

Como xa é tradicional, a noite do 23 de xuño. de 22:30 a 00:30 h. festexaremos a chegada do solsticio de verán coas Cacharelas de San Xoán. Estamos todos os mozos e mozas convidados a participar nunha noite onde teremos, carne, sardiñas, boa compaña e, por suposto, saltaremos a fogueira.


   

Asemblea trimestral de socios

Este sábado 19 de xuño teremos a derradeira Asemblea Trimestral deste curso para os socios/as de Amencer. Os puntos a tratar serán a revisión dos obxectivos propostos para este curso e planificación do verán. A Asemblea é moi curta, de 10:30 a 12:30 h, e sinxeliña. Avisa da túa presenza ou ausencia.
   

Saída á praia

O sábado 12 de xuño festexaremos o fin de actividades, antes dos campamentos, de Buxaina, Andaina, ADS e Catecumenado cunha excursión á praia, para darnos o primeiro dos moitos baños deste verán. A esta actividade están convidados a asistir tamén as familias dos participantes. O horario de saída é ás 11:00 h dende Amencer e voltaremos ás 19:30 h. É preciso entregar autorización asinada en Amencer para participar. Non esquecer: gorra, toalla, bañador, crema solar e roupa cómoda.


   

Mañás de Verán

Un ano máis, e xa imos pola quinta edición desenrolaremos o noso campamento Mañas de Verán, do 28 de xuño ao 9 de xullo, para rapaces de 3 a 12 anos. Preme en "ler máis" para máis información e para inscribirte.

Ler mais. Mañás de Verán

   

Xincana de auga

Chega a calor e xa apetece mollarse para refrescarse, por iso o sábado 5 de xuño, de 11:00 a 12:45 h os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS teremos a nosa Xincana de Auga. Será unha xincana onde participaremos por equipos en diferentes xogos de auga. Hai que traer bañador, chanclas, toalla e gañas de mollarse!


   

Páxina 1 de 7