30 anos



  • Andaina Solidaria Campamento Urbano

    Andaina Solidaria Cartel (pequeña)

    A Asociación Xuvenil Amencer organiza por segundo ano a "Andaina Solidaria Campamento Urbano" esta andaina terá lugar o vindeiro domingo 18 de maio a partir das 10.00h dende A Chavasqueira (campo da Feira) e percorrera todo o paseo do Miño ao seu paso pola cidade de Ourense.

    Esta andaina ten como finalidade gozar dunha mañá en contacto coa natureza, gozando dos paseos do Miño e recadar fondos para os campamentos urbanos da cidade de Ourense que se realizan de xeito gratuíto dende hai xa 28 anos no mes de agosto. Esta cita pretende ser un encontro festivo e deportivo, na que están invitados a participar ourensáns e ourensás de todas as idades.

     

     

     

    Percorrido Andaina (grande)

    A Andaina comezará as 10.00h da mañá e sairá dende o Campo da Feira, na Chavasqueira e rematará no mesmo punto segundo cada un vaia chegando. A recepción estará aberta ata as 14.00h. A andaina contara con dúas modalidades unha "Andaina Pequena" que percorrera as marxes do Miño ata Oira e volvera pola outra beira ata o punto de saída. A outra modalidade "Andaina Contigo" percorrera todo o paseo do Miño pasando polas termas da Chavasqueira, Tinteiro, Outariz, e a fonte de Reza, rematando tamén na Chavasqueira.

    Durante o percorrido os participantes terán a súa disposiciónc atro puntos de control e avituallamento con bebidas e alimentos para repor forzas. 

     

    A inscrición poderá realizarse vía web no enlace que aparece máis abaixo ou nas oficinas da Asociación Xuvenil Amencer (Pr. Don Bosco 1, baixo. Ourense). Poderán inscribirse ata o mesmo día media hora antes da Andaina e esta inscrición non estará formalizada sen o pago da mesma que son 5€, que pode facerse ben a través dun ingreso bancario na conta 2080 5261 1130000 11450 (Abanca) indicando no concepto nome do participante e inscrición Andaina Solidaria ou en efectivo na sede de Amencer.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU