• A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as en Mañás de  San Xosé. As actividades de Mañás de San Xosé realizaranse o venres 20 de marzo dentro das instalación do colexio salesiano.

    Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través  do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e axudar a conciliación familiar-laboral.

    As actividades de Mañás de San Xosé realizaranse o venres 20 de marzo dentro das instalación do colexio salesiano. O horario de mañá será desde as 10:00h. ata as 13:30h e terá un custo de 8€ ó día. Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os rapaces e rapazas de 3 a 14 anos. Haberá 60 prazas de 4º a 6º de Educación Infantil e 48 prazas de 1º de Educación Primaria a 2º da ESO. O prazo de inscrición é ata cubrir prazas.

     

    Este ano continuaremos co servizo opcional de gardería, que teremos o mesmo día de 9:00h. a 10:00h. e que custará 1€/día a maiores do prezo da cota, como tamén o servizo de gardería especial de 13:30h. a 14:00h. (se houbese un número mínimo) cun custe adicional de 0,50 €/día

     

     

    Para máis información e a ficha de inscrición, premer neste enlace


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU