30 anos



  • En torno a 20 animadores da Asociación Xuvenil AMENCER van participar nesta fin de semana do 29 e 30 de novembro, nun encontro formativo organizado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e a Federación de Centros Juveniles Don Bosco de Castilla-León.

    O encontro será, o sábado no colexio Salesiano de Ourense e, o domingo no albergue Salesiano de Allaríz. Neste encontro participarán ao redor de 120 animadores de tempo libre das 10 asociacións xuvenís que pertencen a estas dúas Federacións (5 galegas e 5 castelás), ademais de dúas asociacións xuvenís asturianas.

    Os animadores e animadoras de AMENCER que participan deste encontro son os que animan as actividades dos grupos de tempo libre BUXAINA, ANDAINA, ADS e GRUPOS XUVENÍS. O regreso será sobre as 16:00h do domingo 30.

    Estas xornadas que son de carácter anual, cada ano organízanse nunha autonomía alternativamente, neste curso corresponde en Allariz.

     

    O sábado haberá dúas xornadas de formación e o domingo serán catro asembleas autónomas: os animadores e animadoras do movemento Buxaina, noutra os animadores/as do movemento Andaina, noutra os animadores/as do movemento ADS, e noutra os animadores/as do movemento Grupos Xuvenís. 


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU