• Dende hai xa 28 anos ven realizándose arredor das datas de Nadal a Operación Quilo. Esta campaña consiste na recollida de “quilos” de alimentos, ademais de xoguetes para as familias empobrecidas da nosa cidade. A ong “Cáritas” presente en tódolos barrios da nosa cidade fará o reparto de todo o que se recolla en AMENCER en días previos ao Nadal.

     

    Os datos máis importantes:

     

    CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN: 

    Colocaranse máis de 1000 carteis por escaparates da nosa cidade e repartiranse preto de 4000 oitaviñas en buzóns dos nosos edificios para que chegue a información  a un grande número de familias ourensás.

     

    RECOLLIDA DE ALIMENTOS:

    Nos súpers da cidade colócanse desde a semana do 17 novembro até o 20 de decembro carriños da compra co cartel da Operación Quilo onde a xente pode botar alimentos non perecedoiros que desexe. 

     

    PETOS:

    En máis de 300 comercios da cidade colócanse petos para unha recadación económica. Todo esto vai para a compra de alimentos.

     

    RECOLLIDA DE XOGUETES:

    A partir da Ponte da Constitución, pódese deixar en Amencer xoguetes en bo estado  para o reparto as familias.

     

     

    EMPRESAS:

    Invitamos a participar na OQ ás empresa do ramo da alimentación e xoguetería que poidan aportan produtos das súas empresas. Voluntarios identificados visitarán nestes meses as empresas.

     

    ENTIDADES DEPORTIVAS

    Este ano queremos seguir na proposta que xa o curso pasado comezamos de pedir a entidades deportivas que nun partido que xoguen en Ourense animen ao público a aportar un quilo de comida para a OQ. E colocar uns recipientes onde adestran para quen o desexe poida aportar algún quilo de comida.

     

    FAMILIAS E PARTICULARES.

    A partires da ponte da Constitución - Inmaculada poden aportar alimentos e xoguetes aos locais de Amencer.

     

    REPARTO ÁS CÁRITAS PARROQUIAIS

    En Amencer soamente se distribúe o recollido (alimentos e xoguetes) ás Cáritas de cada barrio de Ourense. Nunca a particulares. Será na mañá do sábado 20 de decembro.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU