• A Asociación Xuvenil Amencer abriu as  prazas para as súa Campaña de Verán 2015. Para que estas actividades non supoñan gasto económico a nenos e nenas con menos recursos, a Asociación Xuvenil Amencer asume o custe íntegro da cota do campamento correspondente mediante a concesión de becas a cargo da campaña Ninguén sen campamento de verán.

     

     

     

    A Asociación Xuvenil Amencer atende diariamente a moitos nenos/as e mozos/as cuxas familias non están a pasar por bos momentos, debido a situación de crise no noso país, a situación de desemprego de un ou varios membros da familia, ao aumento do custe da vida… Todo isto sumado a dificultade de poder facer frente a pagos, hipotecas, alugueres...

    As actividades de ocio e tempo libre no verán son un recurso educativo clave para moitas familias. Por iso Amencer pon en marcha una campaña na procura de recursos económicos para sufragar as becas destes nenos/as e mozos/as.

    Para levar a cabo esta campaña, animamos a que, as familias que poidan, colaboren coa COTA 0, que consiste en axudar economicamente a un neno/a ou mozo/a, asumindo o custe da cota do seu campamento de verán, para que poida participar.

    A axuda económica dependerá das posibilidades de cada familia, podendo aportar unha cota completa ou unha porcentaxe da mesma.

    A idea desta iniciativa é a de poder axudar a nenos/as e mozos/as que están máis preto de nós e que comparten actividades e momentos de diversión cos vosos fillos e fillas.

    Para colaborar debedes entregar a ficha cuberta e a aportación económica na Asociación Xuvenil Amencer ou entregar a ficha na Asociación e depositar o diñeiro na conta corrente nº ES12 2080 5261 1130 0001 1450 de Abanca, a nome da “Asociación Xuvenil Amencer: Campaña de verán 2015”


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU