30 anos



  • Como tódolos anos por estas datas a OPERACIÓN QUILO. Xa son 30 anos ininterrompidos en que desde AMENCER se organiza esta campaña de solidariedade en Nadal. Realizámola en colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense, que é a ONG que atende ás familias desfavorecidas de Ourense todo o ano.

     

    A OPERACIÓN QUILO, consiste en recoller “quilos” de comida, xoguetes e diñeiro (este último transformase todo el en alimentos de primeira necesidade). Todo o que recollemos se reparte entre as familias desfavorecidas de Ourense, a través das Cáritas Parroquiais, que os atenden todo o ano.

     

    A organización desta OPERACIÓN QUILO coordínaa a Comisión de Solidariedade de AMENCER que traballa todo o ano en proxectos solidarios e que centra o seu traballo deste primeiro trimestre do curso escolar na OPERACIÓN QUILO, dentro do seu PROGRAMA DE SOLIDARIEDADE que abrangue máis de 6 proxectos solidarios ao longo de todo o curso.

     

    Este proxecto solidario ten diversas accións estratéxicas coas que se pretende chegar a toda a cidadanía:

     

    Como ven sendo habitual:

     

    • Colocamos os carros nos supermercados de Ourense para a recollida de alimentos.  Lembramos que o ano pasado se colocaron 49 supermercados.

     

    • Repartimos petos por distintos establecementos da cidade, neste momento temos xa colocados 294 petos, superando os 276 que se colocaron o ano pasado.

     

    • Un ano máis, continuamos co reparto tamén de caixas para a recollida de alimentos en distintos establecementos e entidades da cidade que colaboran con nós.

     

    • Outro dos puntos fortes da campaña tamén son os eventos solidarios, organizados por distintas entidades e nos que se recollen quilos de alimentos, xoguetes ou diñeiro (que se converte en alimentos).

     

    Como novidades:

    • Continuamos e reforzamos a campaña de Peso x Quilos que puxemos en marcha o ano pasado cos representantes dos partidos políticos e este ano queremos abrir a moitas máis persoas e representantes da cidade que doen o seu peso en quilos.

     

    • Continuamos e reforzamos a campaña de Lazos x Quilos: esta campaña levada a cabo en colaboración coa asociación de perruquería e estética de Ourense ten lugar nas distintas perruquerías onde os clientes poderán adquirir un lazo solidario coa OQ de cor laranxa por 2€ a maiores do prezo do traballo que vaian a realizar.

     

     

    Queremos recordar que o ano pasado nesta campaña da Operación Quilo recolleronse:

    18.822 quilos de alimentos;

    1.006 quilos de xoguetes;

    1.900 quilos de roupa (que non se pediu).

    Todo o diñeiro recollido (6.221,53 €) invertiuse en alimentación

     

    E atendeuse:

     

    22 Cáritas Parroquiais e dende elas a 1.204 familias formadas por 3.580 persoas.

     

    Un ano máis gustaríanos agradecer a cidadanía de Ourense como se involucran ao longo desta campaña e animalos a continuar medrando en solidariedade.

     

    Tamén temos o teléfono/FAX de AMENCER (988 218123) para avisarnos e poder ir a recoller calquera paquete a empresas ou casas particulares; ou mesmo deixalo nos nosos locais de AMENCER na praza Don Bosco-1 (nos baixos do colexio salesiano). Tamén se pode contactar connosco a través do e-mail da asociación: amencer@amencer.org ou en www.amencer.org. E temos unha conta corrente aberta para poder facer calquera donativo económico. É en calquera sucursal de Abanca co número ES12/2080/5261/11/3000011450 indicando para a OPERACIÓN QUILO.

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU