30 anos



  • Curso de Monitores de Tempo Libre

    Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

    A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas "Escolas de tempo libre". Entre estas, encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO, recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986. Todo o referente a esta titulación está descrito no decreto 50/2000 da Xunta de Galicia. O seguinte é unha síntese deste decreto.

    REQUISITOS:
    Para a matriculación no curso de monitores é mprescindible
    cumprir estes requisitos:
    - Ter máis de 18 anos no comezo do curso axuntar fotocopia do DNI).
    - Ter o graduado escolar.


    DESCRICIÓN DO CURSO
    Para a obtención deste título,o alumno/a debe superar dúas fases, descritas no decreto vixente na actualidade, reelaborado por esta escola.

    PRIMEIRA FASE,chamada teórico-práctica,é a que se corresponde propiamente co curso.
    Ten unha duración de 200 horas, organizadas en 20
    xornadas de 10 horas cada unha correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto,adaptado por esta ETL dentro
    das súas competencias.

    SEGUNDA FASE
    correspóndese cun periodo de prácticas,nunha destas
    dúas modalidades:
    14 días de actividades ao aire libre
    (campamentos, colonias....) en bloques non inferiores
    a tres días.
    150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

    AVALIACIÓN
    A avaliación de ambas fases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos o comezo de cada curso.

     

    COMPLEMENTOS:

    Como complemento ao CMTL ofrecemos en colaboración coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia os certificados de manipulador de alimentos e de prevención de riscos laborais no tempo libre. Estes son dous cursos oficiais.

    DATAS:

    NOVEMBRO:1, 4, 5, 18, 19, 25, 26

    DECEMBRO:2, 3, 6, 8, 9, 10, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30

     

    PREZO:
    250€

     

    INSCRICIÓN:

    • Modalidade telemática: cubrindo o formulario na seguinte ligazón
    • Modalidade presencial: nos locais de Amencer (praza Don Bosco, 1)

     


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU