• VIII Concurso Hipercurtos CONTOS

    Convidamos aos nosos escritores e escritoras a participar nun novo concurso de contos hipercurtos: pedimos textos de 175 palabras como máximo para dalos a coñecer o 17 do maio do 2017.

     

    A Federación de Centros Xuvenís Don Sosco de Galicia é unha entidade prestadora de servicios á mocidade, nacida en 1993, que traballa no eido da prevención, da educación no tempo libre, da animación xuvenil e do desenvolvemento sociocultural.

    Son Membros da Federación as asociacións xuvenís seguintes:

    Centro Xuvenil Don Bosco - Santiago de Compostela
    Rúa Selvís, 2 1 Telf.: 981 582 243
    cxdonbosco@cxdonbosco.org


    Asociación Xuvenil Amencer - Ourense
    Praza Don Sosco 1, baixo I Telf.: 988 218 123
    amencer@amencer.org


    Asociación Xuvenil Abertal -Vigo
    Rúa Venezuela 3, baixo I Telf.: 986 225 662
    abertal@abertal.org

    Centro Xuvenil Abeiro - A Coruña
    Rúa Don Sosco, 11 Telf.: 693 846 023
    cxabeiro@gmail.com 

    Centro Xuvenil Ateibo - Lugo
    Praza da Milagrosa, 10 1 Telf.: 633 674 528
    ateibo@salesianoslugo.es 

    Federación de Centros Xuvenís Don Sosco de Galicia
    Rúa Selvís, nº 2 - 15703 Compostela
    Tfno.: 981 582 243 /  647 131 705
    www.fedboscogal.org/ secretaria@fedboscogal.org


    BASES
    1. Poderán participar todas as persoas que o desexen.
    2. Estabelécense tres categorías; cada participante será inscrito nunha delas segundo a súa idade o 1 de maio do 2017:
        a) Nenos e nenas ata 13 anos;
        b) Mozos e mozas entre 14 e 30 anos;
        c) Maiores de 30 anos.
    3. Os hipercurtos contos estarán escritos en galego, serán orixinais e inéditos e terán unha extensión máxima de 175 palabras.
    4. A temática é libre.
    S. Os hipercurtos contos presentaranse:
        - Mediante o formulario habilitado en fedboscogal.org, ou
       - Por correo postal, sen identificación, facendo constar o seu título. Acompañando a obra e nun sobre pechado, enviaranse os datos completos do autor ou autora (nome, apelidos, idade, enderezo, teléfono e unha fotocopia do DNI). Noexterior dosobre deberá estar escrito o título do hipercurto conto entregado e a data de nacemento do autor ou autora.
    6. Cada autor ou autora poderá presentar o número de hipercurtos contos que desexe.
    7. Os hipercurtos presentados por correo postal deben ser entregados na secretaría técnica da Federación de Centros Xuvenrs Don Bosco de Galicia (na rúa Belvís, ne 2; CP 15703, Compostela; tfno. 981582 243), en man ou por correo (mellor certificado) antes do 1 de maio do 2017, facendo constar no exterior do sobre 'Concurso dehipercurtoscontos'. O17 demaio do 2017 daranse a coñecer as persoas gañadoras.
    8. Os textos enviados aoconcurso pasarán a ser propiedade da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, renunciando os seus autores e autoras aos seus dereitos como tales.
    9. Despois da elección dostextos gañadores, será publicado un caderno no que estese outros
    textos, seleccionados entre todos os presentados, quedarán recollidos.
    10. Os premios quedan estabelecidos, por categorías, do seguinte xeito:
          a) 70 €
          b) 130€
          c) 100 €.
    Haberá taménun accésit de 60 € para a persoa membro da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia mellor clasificada.
    11. Os premios serán únicos e indivisíbeis. A xuízo do xurado e segundo a calidade das obras, poderase declarar deserto algún premio.
    12. O xurado estará composto polos membros da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia que a comisión Galiza designe. A decisión do xurado será inapelábel.
    13. A participación neste concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU