• Noticias

    Páxinas: 1 2 3 4 5
    Campamento Urbano 2018

    Un ano máis, e xa van 31, pomos en marcha o Campamento Urbano "o sabor do verán". O campamento terá lugar do 1 ao 13 de agosto en Ourense, en horario de 10.30 a 13.30 pola mañá e de 16.30 a 19.30 pola tarde. É gratuíto e está aberto a todos os rapaces, rapazas, mozos e mozas de 8 a 16 anos. Pouco a pouco iremos descubrindo máis novidades...

    Xa podes descargar o tríptico con toda a información.

     

    Un ano máis realizaranse as Mañás Lúdico Deportivas entre o 16 e o 20 de xullo.

    Actividades para rapaces e rapazas no verán

    Presentámosche a oferta ocio-educativa de campamentos que temos este verán en Amencer

    Este é o resumo dos campamentos dispoñibles:

    Tempos de troula

    Tempos de Troula volve dende o 1 ao 21 de xuño polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

    A tope na ponte - 1 de Maio
    A Tope na Ponte Semana Santa

    Actividades abertas para toda a mocidade ourensá

    MAÑÁS DE SEMANA SANTA

    Un ano máis dende Amencer pomos en marcha Mañás de Semana Santa. Esta actividade destinada para rapaces e rapazas de 4º de Infantil a 2º de Primaria, e terá lugar os días 26, 27, 28 de Marzo e 2 de Abril. Invitámosvos a todos a disfrutar desta nova experiencia de aprendizaxe no tempo libre.

    TEMPOS DE DIVERSIÓN

    Tras once anos consecutivos poñemos en marcha Tempos de Diversión, o Campamento Urbano de Semana Santa.  Estas actividades son gratuitas para rapaces de 8 a 14 anos os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril de 2018. 

    Curso de Monitores de Tempo Libre

    Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

    A tope na ponte

    Chega o Entroido e en Amencer estamos preparados para facer fronte a estas datas con moita xoldra! Anímate e participa do Entroido en Amencer #entroidoamencer

    Xa podes consultar todas as actividades e horarios!!

    Os días 12 e 14 de febreiro teremos actividades para rapaces de 3 a 14 anos. Serán polas mañás de 10:00 a 13:30h, con posibilidade de servizo de gardería antes e despois da actividade.

    Comezamos o curso cunha boa nova. O programa de acollida, integración e atención socieducativa no tempo libre "Xangal" conta este ano cun novo apoio a través da figura de dous monitores de tempo libre contratados durante 7 meses grazas a subvención da Conselleria de Traballo da XUnta de Galicia para a contratación de persoas desempregadas do programa de Garantía Xuvenil. Esta axuda está cofinanciada nun 91,8% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa operativo de emprego xuvenil.

     

    Vémonos neste ano de grandes actividades!!!

    Páxinas: 1 2 3 4 5


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU