30 anos



  • Noticias

    CaF (grande)


    Un ano máis temos o noso particular Camiño á Fama. Festival solidario onde poder participar bailando ou cantando e colaborar co Campamento Urbano. Será o vindeiro 27 de Maio a partir das 18.00h no Teatro do colexio Salesiano.

    Amencer 30 anos

    Amencer cumprimos 30 anos e queremos festexalo con todas e todos vos por iso temos un programa do máis completo:

    Xuntanza de Catecumenado 2017

    O sábado 21 de xaneiro temos na cidade de A Coruña a nosa xuntanza de grupos xuvenís de Catecumenado (14-19 anos)

    Inscríbete no teu centro xuvenil para gozar deste día de compromiso e encontro.

    Un ano máis chega Xoán Bosco e a Festa Xuvenil, será o vindeiro 28 de xaneiro dende as 21.00 ata a 01.00. Se eres maior de 15 anos, contamos contigo.

    Descarga a autorización

    Presentamos as actividades que teremos para festexar o noso patrón, Xoan Bosco

    VIII Concurso Hipercurtos CONTOS

    Convidamos aos nosos escritores e escritoras a participar nun novo concurso de contos hipercurtos: pedimos textos de 175 palabras como máximo para dalos a coñecer o 17 do maio do 2017.

     

    Comezamos o curso cunha boa nova. O programa de acollida, integración e atención socieducativa no tempo libre "Xangal" conta este ano cun novo apoio a través da figura dun monitor de tempo libre contratado durante 7 meses grazas a subvención da Conselleria de Traballo da XUnta de Galicia para a contratación de persoas desempregadas do programa de Garantía Xuvenil. Esta axuda está cofinanciada nun 91,8% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do programa operativo de emprego xuvenil.

     

    Vémonos neste ano de grandes actividades!!!

    Xa podes acceder aos avisos de Mañás de Verán dende aquí

    Entroido en Amencer

    Preme para ver as actividades que temos estes días

    Ourense Dance solidario

    Ourense Dance solidario (pequeña)Como vimos facendo dende hai uns anos, dende Amencer colaboramos con Cadena 100 Ourense para recadar alimentos na festa do Ourense Dance solidario. Estes alimentos serán entregados á xente que o precisa na nosa cidade. Este ano o evento será o 20 de xuño ás 23:00 no xardín do Posío. Agardámoste con un quilo de legumes, que estaremos recollendo á entrada.

    O próximo martes 23 de xuño teremos a nosa festa das cacharelas de San Xoán. Será entre as 22:00 e as 00:30 h, e teremos churrasco e sardiñas para cear. Apúntate en Amencer se queres participar!

    A Asociación Xuvenil Amencer abriu as  prazas para as súa Campaña de Verán 2015. Para que estas actividades non supoñan gasto económico a nenos e nenas con menos recursos, a Asociación Xuvenil Amencer asume o custe íntegro da cota do campamento correspondente mediante a concesión de becas a cargo da campaña Ninguén sen campamento de verán.

     

     

     

    O vindeiro 10 de Maio terá lugar en Santiago de Compostela o Día da Federación, un momento de encontro de voluntarios e animadores dos centros xuvenís de Galicia, que aproveitaremos para compartir experiencias e gozar dun tempo xuntos. COmezamos ás 16.00h en Santiago e remataremos arredor das 20.00h.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU