30 anos



  • Noticias

    Campamento Urbano 2017

    Una no máis, e xa van 30, pomos en marcha o Campamento Urbano "30 veráns xogando na cidade". O campamento terá lugar do 1 ao 11 de agosto en Ourense, horario de 10.30 a 13.30 pola mañá e de 16.30 a 19.30 pola tarde. É gratuíto e esta aberto a todos os rapaces, rapazas, mozos e mozas de 8 a 16 anos. Pouco a pouco iremos descubrindo máis novidades....

    Xa podes descargar o tríptico con toda a información.

     

    Por décimo ano consecutivo pomos en marcha Tempos de Diversión, o Campamento Urbano de Semana Santa.  Estas actividades son gratuitas para rapaces de 6 a 14 anos os días 10, 11, 12 e 17 de abril. 

     

    Un ano máis dende Amencer pomos en marcha Mañás de Semana Santa. Esta actividade destinada para rapaces de 3º a 6º de infantil (3-5 anos) terá lugar os días 10, 11, 12 e 17 de Abril. Invitámosvos a todos a disfrutar desta nova experiencia de aprendizaxe no tempo libre.

    A tope na ponte

    Chega o Entroido e en Amencer estamos preparados para facer fronte a estas datas con moita xoldra! Anímate e participa do Entroido en Amencer #entroidoamencer

    Xa podes consultar todas as actividades e horarios!!

    Nadal en Amencer

    Nas vacacións escolares de Nadal, do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, estaremos cheos de actividades abertas para todo aquel que queira participar. Aqui podes ver o resumo

    Como facemos en todas as "pontes" escolares, ofertamos actividades abertas a todo aquel que queira participar. Neste caso na ponte da Constitución - Inmaculada, do 2 ao 8 de decembro

    Como tódolos anos por estas datas a OPERACIÓN QUILO. Xa son 30 anos ininterrompidos en que desde AMENCER se organiza esta campaña de solidariedade en Nadal. Realizámola en colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense, que é a ONG que atende ás familias desfavorecidas de Ourense todo o ano.

    Dende o 26 de decembro ao 5 de xaneiro teremos actividades para rapaces de 3 a 14 anos.Serán polas mañás de 10:00 a 13:30 h, con posibilidade de servizo de gardería antes e despois da actividade.

    Durante a festividade do San Martiño teremos as nosas actividades abertas "A Tope na Ponte San Martiño". Aqui podes ver o listado e horario de actividades:

    A tope na ponte Samain

    Aqui podes ver as actividades que teremos nesta ponte

    Inauguración Amencer (grande)Comezamos un novo curso en Amencer e este ano vai a ser moi especial, estamos de aniversario...30 anos!!!

     

     

    Concerto Coral de Ruada

    coral de ruada (pequeña)Por cuarto ano consecutivo Amencer en colaboración coa Coral de Ruada organiza un concerto solidario para o venres 22 de abril a partir das 20.30h no teatro dos Salesianos. Neste concerto poderemos desfrutar dunha actuación solidaria onde todo o recadado irá destinado aos Campamentos Urbanos 2016. A entrada son 3€ e poden mercarse en Amencer. Agardámoste.

    A Tope na Ponte Semana Santa

    Actividades abertas para toda a mocidade ourensá


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU