30 anos



  • Noticias

    O vindeiro sábado 17 rematamos as actividades semanais coa Saída ao Aquapark en Cerceda. Saíremos ás 10.00 dos Salesianos para chegar ás 19.00h. Recorda inscribirte antes do xoves e sobretodo de traer bañador, toalla, chanclas, comida e roupa para cando rematemos. Agardámoste!
    Festa do Pano

    Festa do Pano (pequeña)Un ano máis chega unha das actividades máis importantes que temos ao longo de todo o ano,a Festa do Pano. Os días 1 e 10 de Abril en Allariz reuniremonos os Grupos do itinerario para festexar que somos un itinerario e facer entrega dos símbolos dos grupos. O Domingo tamén convidamos aos pais a que suban a disfrutar connosco.

    velada xoan bosco inf (pequeña)Xa estamos en Xaneiro, e como sempre este mes está cargado de festa e celebracións. O vindeiro 28 de xaneiro entre ás 11.00 e as 13.30h terá lugar a celebración da Festa Infantil de Xoán Bosco, unha velada artístico-musical na que os rapaces de Saltimbanquis, Andaina e ADS son os protagonistas. Remataremos cun pincho. Como sempre, estan convidados todos os familiares dos rapaces.

    Descarga aquí a autorización.

    Agardámosvos a todos!

    Xuntanzas Itinerario

    O próximo 9 de abril os rapaces dos grupos do itinerario viaxaran ata Vigo para ter a Xuntanza co resto de rapaces da mesma idade dos centros xuvenís de Lugo, Vigo e A Coruña.

    Sairemos ás 9.30h da mañá dos Salesianos e regresaremos arredor das 19.15. Soamente pararemos en Ourense a recoller a xente que sube a festa do Pano e deixar a que soamente vai a Xuntanza. Recorda que tes que levar a comida. Descarga aqui a autorización

    Agardámosvos!

    Este Sábado 20 de Febreiro tera lugar a Saída a Manzandea que realizamos todos os anos por estas datas. Nesta excursión aproveitaremos para convivir e xogar coa neve, gozano en familia desta posibilidade que se nos ofrece na nosa provincia. Agardamos contar con todos vós. Saímos ás 10.00h  e regresaremos arredor das 19.00h. Entrega a túa autorización en Amencer antes do mércores 17

    DESCARGA AQUI A AUTORIZACIÓN

    Esta é unha actividade aberta na que participaremos os rapaces de Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado, e todo aquel que queira pasar este día con Amencer.

    Tamén compartiremos o día cos nosos compañeiros de Abertal, de Vigo.


    Por Cuestións meteorolóxicas, a saída ao Aquapark de Cerceda deste sábado 13 de xuño, será substituída por unha saída as piscinas de Monterrei (Ourense). O horario da actividade será de 11.00 a 17.00. Con comezo e remate nas instalacions do colexio salesianos.

    Será preciso traer comida, merenda, bañador, toalla, chanclas e roupa para mudarse.

     

    Noite Trisquel

    Este xoves os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS temos a nosa noite Trisquel  no colexio. Comezaremos o venres ás 22.00h e rematamos o sábado as 9.30h da mañá. Agardámoste nesta aventura que promentemos que vai a ter moitas sorpresas. Recordade que os rapaces de ADS comezan as 20.00h.

    Asemblea Trisquel

    Comezamos un novo curso e dentro do proceso organizarivo o vindeiro sábado 4 de outubro teremos a nosa Asemblea Trisquel, para os voluntarios e voluntarias dos grupos de itinerario. Agardámosvos nesta xornada que terá lugar en Ourense e que será un momento de formación, convivencia e programación. Para anotarte preme aquí.

    Pascua Xuvenil en Cambados

    Como todos os anos, para os mozos e mozas de 1º de catecumenado en diante ofrécese unha maneira diferente de pasar a Semana Santa en compañia con outros mozos das mesmas idades de toda a Inspectoría. Se queres participar infórmate en Amencer ou preguntalle ao teu animador de Catecumenado.


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU