• Noticias

    Páxinas: 1 2 3 4 5

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as nas XIV Mañás de Verán, actividades para rapaces e rapazas no verán

     

     As actividades de Mañás de Verán realizaranse de luns a venres, do 24 ao 28 de xuño a primeira semana, do 1 ao 5 de xullo a segunda semana, do 8 ao 12 de xullo a terceira semana e do 15 ao 19 de xullo a cuarta semana.

    O horario de mañá será desde as 10:00h. ata as 13:30h. dentro das instalacións de salesianos. Os días de piscina e saída serán ata as 13.30h. e o último día, a velada durará ata ás 18:00h.

     Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas desde 4º de Infantil, ata 2º da ESO (incluídos).

     

     

     

    Tempo de troula

    A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de xuño e setembro, Tempo de Troula. Dende o 3 ao 21 de xuño polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

    O horario será desde as 15:30h. ata as 17:30h. (dispoñibilidade de quedar antes das 15.30h ou quedar máis tempo das 17:30h, preguntar en Amencer)  nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer: Sala Aberta, Xan 

    Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas desde 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos) de calquera colexio de Ourense.

     

    MAÑÁS DE SEMANA SANTA

    Un ano máis dende Amencer pomos en marcha Mañás de Semana Santa. Esta actividade destinada para rapaces e rapazas de 4º de Infantil a 2º de Primaria, e terá lugar os días 15, 16,17 e 22 de Abril. Invitámosvos a todos a disfrutar desta nova experiencia de aprendizaxe no tempo libre.

    TEMPOS DE DIVERSIÓN

    Tras doce anos consecutivos poñemos en marcha Tempos de Diversión, o Campamento Urbano de Semana Santa.  Estas actividades son gratuitas para rapaces de 8 a 14 anos os días 15,16,17 e 22 de abril de 2019. 

    Curso de Monitores de Tempo Libre

    Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

    Os días 4 e 6 de marzo teremos actividades para rapaces de 3 a 14 anos. Serán polas mañás de 10:00 a 13:30h, con posibilidade de servizo de gardería antes e despois da actividade.

    Dende o 26 de decembro ao 7 de xaneiro teremos actividades para rapaces de 3 a 14 anos. Serán polas mañás de 10:00 a 13:30 h, con posibilidade de servizo de gardería antes e despois da actividade.

    Andaina Solidaria Campamento Urbano

     

    Cartel andaina solidaria (grande)A asociación xuvenil amencer organiza por quinto ano consecutivo a “Andaina Solidaria Campamento Urbano” esta andaina terá lugar o vindeiro mércores 8 de Agosto a partir das 21:30h dende Salesianos e percorrerá todo o paseo do Barbaña ao casco histórico da cidade de Ourense.

     

     

     

     

    Campamento Urbano 2018

    Un ano máis, e xa van 31, pomos en marcha o Campamento Urbano "o sabor do verán". O campamento terá lugar do 1 ao 13 de agosto en Ourense, en horario de 10.30 a 13.30 pola mañá e de 16.30 a 19.30 pola tarde. É gratuíto e está aberto a todos os rapaces, rapazas, mozos e mozas de 8 a 16 anos. Pouco a pouco iremos descubrindo máis novidades...

    Tríptico de información e inscrición

    Avisos diarios

    Canal de Youtube cos videos diarios

    Fotos en Facebook

    Fotos en Instagram

     

    Xa podes acceder aos avisos de Mañás de Verán dende aquí

    Cambios na planificación de Mañás de Verán. Fai clic aquí!

    Información sobre qué levar aos Campamentos de verán de Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado aquí

    Presentámosche a oferta ocio-educativa de campamentos que temos este verán en Amencer

    Este é o resumo dos campamentos dispoñibles:

    Páxinas: 1 2 3 4 5


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU