30 anos



  • Noticias

    Páxinas: 1 2 3 4 5

    O próximo martes 23 de xuño teremos a nosa festa das cacharelas de San Xoán. Será entre as 22:00 e as 00:30 h, e teremos churrasco e sardiñas para cear. Apúntate en Amencer se queres participar!

    A Asociación Xuvenil Amencer abriu as  prazas para as súa Campaña de Verán 2015. Para que estas actividades non supoñan gasto económico a nenos e nenas con menos recursos, a Asociación Xuvenil Amencer asume o custe íntegro da cota do campamento correspondente mediante a concesión de becas a cargo da campaña Ninguén sen campamento de verán.

     

     

     

    Por Cuestións meteorolóxicas, a saída ao Aquapark de Cerceda deste sábado 13 de xuño, será substituída por unha saída as piscinas de Monterrei (Ourense). O horario da actividade será de 11.00 a 17.00. Con comezo e remate nas instalacions do colexio salesianos.

    Será preciso traer comida, merenda, bañador, toalla, chanclas e roupa para mudarse.

     

    Queridas Familias de Mañás de Verán:

    O vindeiro Martes 16 ás 20.00h terá lugar a reunión de pais e nais de Mañás de Verán no Teatro dos Salesianos para poder informarvos do que se vai a facer este ano, solventar dúbidas e repartir os avisos para este 2015.

    Tamén podedes descargar os avisos aquí.

    Agardamos vervos.

    O vindeiro 10 de Maio terá lugar en Santiago de Compostela o Día da Federación, un momento de encontro de voluntarios e animadores dos centros xuvenís de Galicia, que aproveitaremos para compartir experiencias e gozar dun tempo xuntos. COmezamos ás 16.00h en Santiago e remataremos arredor das 20.00h.

    Asemblea trimestral e convivencia

    Este sábado 28 teremos a Asemblea Trimestral de Amencer pola mañá rematando cunha churrascada nar arboleda de monterrei. Anótate xa!

    Noite Trisquel

    Este xoves os rapaces de Buxaina, Andaina e ADS temos a nosa noite Trisquel  no colexio. Comezaremos o venres ás 22.00h e rematamos o sábado as 9.30h da mañá. Agardámoste nesta aventura que promentemos que vai a ter moitas sorpresas. Recordade que os rapaces de ADS comezan as 20.00h.

    F.A.C II . e Convivencia de animadores

    convivencia de educadores (pequeña)Chega Marzo e temos novas ofertas formativas. A fin de semana do 14 e 15 e este mes terán lugar en León unha nova edición de FAC 2 . Preme para ver máis información. ANÓTATE AQUÍ.

    entroido infantil

    Xa estamos en  entroido e como ven sendo habitual queremos festexalo con todos e todas vós. O vindeiro 6 de febreiro entre ás 11.00 e as 13.00h terá lugar a celebración da Festa Infantil do entroido.

    Actividade Aberta a toda a cidade de Ourense na praza Maior, especialmente para os máis cativos na que descubriremos entroidos da provincia, actividades e todo con moita cor, música e ledicia. Completamente Gratuíta.

    Entroido xuvenil

    O vindeiro venres 5 de febreiro a partir das 22.30h da noite teremos a nosa propia festa de entroido para os máis mozos e mozas con: desfile de disfraces, concurso, premios, musica e moita moita festa! Aniímate a participar cos teus amigos facendo unha pequena comparsa!!

    Amencer en Megaxove

    Esta fin de semana terá lugar a feira da infancia e mocidade de Ourense, Megaxove, organizada por Expourense, e na cal estará presente Amencer e a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia a través dunha zona de xogos, un stand informativo e tamén coas campañas Operación Quilo e Boscomusic. Aproveitarase a ocasión, para presentar a campaña de Nadal 2014.

    Dende hai xa 28 anos ven realizándose arredor das datas de Nadal a Operación Quilo. Esta campaña consiste na recollida de “quilos” de alimentos, ademais de xoguetes para as familias empobrecidas da nosa cidade. A ong “Cáritas” presente en tódolos barrios da nosa cidade fará o reparto de todo o que se recolla en AMENCER en días previos ao Nadal.

    En torno a 20 animadores da Asociación Xuvenil AMENCER van participar nesta fin de semana do 29 e 30 de novembro, nun encontro formativo organizado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e a Federación de Centros Juveniles Don Bosco de Castilla-León.

    Páxinas: 1 2 3 4 5


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU