• Noticias

    Páxinas: 1 2 3 4 5
    entroido infantil

    Xa estamos en  entroido e como ven sendo habitual queremos festexalo con todos e todas vós. O vindeiro 6 de febreiro entre ás 11.00 e as 13.00h terá lugar a celebración da Festa Infantil do entroido.

    Actividade Aberta a toda a cidade de Ourense na praza Maior, especialmente para os máis cativos na que descubriremos entroidos da provincia, actividades e todo con moita cor, música e ledicia. Completamente Gratuíta.

    Entroido xuvenil

    O vindeiro venres 5 de febreiro a partir das 22.30h da noite teremos a nosa propia festa de entroido para os máis mozos e mozas con: desfile de disfraces, concurso, premios, musica e moita moita festa! Aniímate a participar cos teus amigos facendo unha pequena comparsa!!

    Amencer en Megaxove

    Esta fin de semana terá lugar a feira da infancia e mocidade de Ourense, Megaxove, organizada por Expourense, e na cal estará presente Amencer e a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia a través dunha zona de xogos, un stand informativo e tamén coas campañas Operación Quilo e Boscomusic. Aproveitarase a ocasión, para presentar a campaña de Nadal 2014.

    Dende hai xa 28 anos ven realizándose arredor das datas de Nadal a Operación Quilo. Esta campaña consiste na recollida de “quilos” de alimentos, ademais de xoguetes para as familias empobrecidas da nosa cidade. A ong “Cáritas” presente en tódolos barrios da nosa cidade fará o reparto de todo o que se recolla en AMENCER en días previos ao Nadal.

    En torno a 20 animadores da Asociación Xuvenil AMENCER van participar nesta fin de semana do 29 e 30 de novembro, nun encontro formativo organizado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia e a Federación de Centros Juveniles Don Bosco de Castilla-León.

    Asemblea Trisquel

    Comezamos un novo curso e dentro do proceso organizarivo o vindeiro sábado 4 de outubro teremos a nosa Asemblea Trisquel, para os voluntarios e voluntarias dos grupos de itinerario. Agardámosvos nesta xornada que terá lugar en Ourense e que será un momento de formación, convivencia e programación. Para anotarte preme aquí.

    Encontro Voluntari@s Campamento Urbano

    De novo estamos a traballar no Campamento Urbano e queremos contar con todos os voluntarios e voluntarias de outros anos por iso vos convidamos a un encontro de voluntario este domingo 8 de xuño ás 18.00h na Aula Magna dos Salesianos. Veremos fotos de outros anos, presentaremos o C.U. 2014 e teremos un tempo de convivencia cunha pachanga, café e moitas máis actividades! Agardámoste

    O vindeiro venres ás 20.30 terá lugar a Presentación do caderniño "Recei Contigo", sobre a figura de Bóveda cristián, da Comisión Xalgarete no Liceo de Ourense e ás 22.00 comezaremos o Roteiro de Alexandre Bóveda na Rúa do Paseo (diante da antiga Ibense) percorrendo os lugarres destcados da vida do autor na cidade das Burgas e dinamizando os distintos espazos significativos para el.

    Pascua Xuvenil en Cambados

    Como todos os anos, para os mozos e mozas de 1º de catecumenado en diante ofrécese unha maneira diferente de pasar a Semana Santa en compañia con outros mozos das mesmas idades de toda a Inspectoría. Se queres participar infórmate en Amencer ou preguntalle ao teu animador de Catecumenado.

    Páxinas: 1 2 3 4 5


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU