Home » Novas » Mañás de Nadal

Mañás de Nadal

publicado en: Novas

Un ano máis poñemos de novo en marcha Mañás de Nadal! Un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

Este ano contaremos con dous proxecto totalmente independentes: 

  • Mañás de Nadal Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5ºEI e 6ªEI
  • Mañás de Nadal Primaria/Secundaria para rapaces/zas de 1ºEP a 2ºESO

A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade. As principais novidades son as seguintes:

  • Aumentase o horario diario das actividades dende ás 9.00h até as 14h.
  • Suprímese, por maior seguridade, o servizo de gardería e de comedor, ampliando o horario de Mañás a 5 horas diarias.
  • Ampliación de espazos, promovendo as actividades ao aire libre, en función da climatoloxía.
  • Reforzo significativo e limpeza exhaustiva de materiais e instalacións empregados.
  • O pequeno grupo de convivencia será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos.
  • Incorpóranse novos hábitos como a entrada e saída gradual á actividade, medición de temperatura, inclusión do lavado de mans nas actividades, declaración responsable da saúde do participantes, grupos fixos, mampara na secretaria, utilización de xel, máscara e outros elementos sempre que sexa preciso nas actividades.
  • Seguimento diario de asistencia/ausencia coas familias.
  • Formación específica para monitores e dun xeito lúdico para rapaces/zas.
  • A secretaria coa inscrición será online, aínda que se facilite a quen o precise en formato papel.
  • As prazas limitaranse, segundo indican as autoridades competentes, a 50 participantes por campamento.
  • Os grupos formaranse cun máximo de 6 participantes máis animadores.

PROGRAMACIÓN E AVISOS

As actividades que se levarán a cabo irán dende obradoiros, grandes xogos, animación á lectura, deportes, visita de Papa Noel e Reis Magos…

No seguinte enlace teredes dispoñible o programa de actividades e o que os rapaces/zas precisan traer cada día. Esta programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os e avisos diarios, que colocaremos nas entradas, nas redes sociais e na páxina web.

ENQUISA AVALIATIVA

Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Nadal, por iso gustaríanos que antes de rematar o proxecto cubrirades esta enquisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter.

DATAS E HORARIOS

As actividades de Mañás de Nadal realizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesianos Mª Auxiliadora

  • 1º semana, 23 e 24 de decembro (2 días)
  • 2º semana, do 28 ao 31 de decembro (4 días)
  • 3º semana, 4-5 e 7 de xaneiro (3 días)

Este ano, de forma excepcional e por seguridade, non poderemos contar cos servizos opcionais de gardería tanto de mañá como de mediodía, por iso Mañás de Nadal durará 5 horas diarias. O horario das actividadesserá de 10.00h a 13.30h.  Co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas os horarios para elo serán de 9.00h-10.00h e de 13.30h a 14.00h, respectivamente, e con oferta de actividades durante ese período.

COTAS

O prezo inclúe, entre outras cousaso emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 7€.

1ºSEMANA2º SEMANA3º SEMANATÓDOLOS DÍAS
XERAL24€48€36€80€
SOCIOS/AS ANPA
MARÍA AUXILIADORA
17€41€29€73€

Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS

Os destinatarios/asdestas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º da ESO, ambos inclusive.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as as tres semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas ou tres que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.

As inscricións  realizaranse de forma online dende o luns 7 de decembro.  En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9.00 a 14.00.

En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 17 de decembro. Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión. A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.

*O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil, que está dispoñible no apartado PROTOCOLOS E OUTROS DOCUMENTOS COVID-19

AMPLIACIÓNS

Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14h. O proceso para formalizar a ampliación será o seguinte: 

  1. Contactar por teléfono coa secretaría de Mañás de Nadal  de 9.00-14.00 para consultar as prazas dispoñible
  2. Realizar a transferencia ao mesmo número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Ampliación MDV+ Nome do participante)
  3. Enviar ao correo secretaria@amencer.org indicando o Nome do participante e a semana que amplía, anexando o comprobante bancario da transferencia