Home » Novas » Operación Quilo

Operación Quilo

publicado en: Novas

A OPERACIÓN QUILO, consiste na recollida de “quilos” de comida, xoguetes e diñeiro (este último transformase todo el en alimentos de primeira necesidade). Todo o que recollemos se reparte entre as familias desfavorecidas de Ourense, a través das Cáritas Parroquiais, que os atenden todo o ano.

A organización desta OPERACIÓN QUILO coordínaa a Comisión de Solidariedade de AMENCER que traballa todo o ano en proxectos solidarios e que centra o seu traballo deste primeiro trimestre do curso escolar na OPERACIÓN QUILO, dentro do seu PROGRAMA DE SOLIDARIEDADE que abrangue máis de 6 proxectos solidarios ao longo de todo o curso.


Accións da campaña

Este proxecto solidario ten diversas accións estratéxicas coas que se pretende chegar a toda a cidadanía:

Como ven sendo habitual:

  • Colocamos os CARROS NOS SUPERMERCADOS de Ourense para a recollida de alimentos.  Lembramos que o ano pasado se colocaron 22 supermercados
  • Repartimos PETOS nos distintos establecementos cidade, para a recollida de cartos, que logo se transforman íntegramente en alimentos. O ano pasado colocamos 231 petos
  • Un ano máis, continuamos co reparto tamén de CAIXAS a recollida de alimentos en distintos establecementos e entidades da cidade que colaboran con nós.O ano pasado tivemos 54 puntos de recollida.
  • Outro dos puntos fortes da campaña tamén son os EVENTOS DEPORTIVOS SOLIDARIOS, distintas entidades da cidade recollen quilos de alimentos xoguetes e diñeiro (que se converten en alimentos)
  • Continuamos e reforzamos a campaña de PESO x QULOS que puxemos en marcha hai anos cos representantes dos partidos políticos e este ano abrimos a moitas máis persoas e representantes da cidade que doan o seu peso en quilos.
  • Continuamos e reforzamos a campaña de LAZOS x QUILOS, esta campaña levada a cabo en colaboración coa asociación de 43 perruquería e estética de Ourense ten lugar nas distintas perruquerías onde os clientes poderán adquirir un lazo solidario coa OQ de cor laranxa por 2€ a maiores do prezo do traballo que vaian a realizar.
  • Este ano contamos coa BÁSCULA VIAXEIRA, onde entidades e colectivos que se animen poderán recibir no seu local a bascula da Operación Quilo para que se poida pesar quen o desexe e doar en quilos de alimentos o seu peso. É a primeira vez que o facemos e invitamos a colectivos a comprometerse con este novo xesto.
  • Achega económica para a compra de alimentos non perecedereiros  nos locais da Asociación  na conta  a nome de Amencer en ABANCA, número ES12 2080 5261 1130 0001 1450 ou a través de BIZUM co código 08260

 

Datos da Operación Quilo do ano pasado:

9.768 quilos de alimentos

6.200 quilos de xoguetes

9.200 quilos de roupa

Todo os cartos recollidos, 9.500€, invertiuse en alimentación

Desde a Operación Quilo de AMENCER colaborouse con 18 Cáritas Parroquiais e dende elas atendéronse a 1.285 familias formadas por 3.408 persoas

Como colaborar coa OQ

Un ano máis gustaríanos agradecer a cidadanía de Ourense como se involucran ao longo desta campaña e animalos a continuar medrando en solidariedade.

Existen distintos xeitos de colaborar:

  • participando nas distintas accións da campaña: deixando alimentos nos carros dos supers, mercando un lazo solidario, levando quilos de comida ao evento deportivo solidario,….
  • Tamén temos o teléfono/FAX de AMENCER (988 218 123) para avisarnos e poder ir a recoller calquera paquete a empresas ou casas particulares; ou mesmo deixalo nos nosos locais de AMENCER na praza Don Bosco-1 (nos baixos do colexio salesiano). Tamén se pode contactar connosco a través do e-mail da asociación: amencer@amencer.org ou en www.amencer.org.
  • Mediante un donativo económico nos nosos locais ou a través da nosa conta. Lembramos que todas as achegas económicas se destinan íntegramente para mercar alimentos. Para donativos por transferencia en calquera sucursal de Abanca co número ES12 2080 5261 1130 0001 1450 indicando para a OPERACIÓN QUILO.
  • como voluntario axudando na recollida de alimentos, clasificación de xoguetes…

Para calquera dúbida ponte en contacto con nós (988 218 123) ou pásate polos  locais de AMENCER na praza Don Bosco-1 (nos baixos do colexio salesiano). Tamén se pode contactar connosco a través do e-mail da asociación: amencer@amencer.org ou en www.amencer.org.