A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de xuño e setembro, Tempo de Troula. Dende o 10 ao 30 de setembro polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas! |
Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, favorecer tamén a participación e o traballo en equipo. Outro dos nosos obxectivos é facilitarvos a conciliación da vosa vida laboral coa vosa vida familiar.
A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade. As principais novidades son as seguintes:
DATAS E HORARIOS: As actividades da VIII edición de Tempo de Troula Setembro realizaranse de luns a venres dende o primeiro día do curso escolar, o xoves 10 ata o mércores 30 de setembro. O horario será desde as 15:30h. ata as 17:30h. (dispoñibilidade de quedar antes das 15.30h ou quedar máis tempo das 17:30h, preguntar en Amencer) nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer: Sala Aberta, Xangal… Os nenos e nenas que queden a comer no comedor do Colexio salesiano, poderemos recollelos ás 15h, para levalos directamente á actividade.
DESTINATARIOS: Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos) de calquer colexio de Ourense.
PROGRAMACIÓN: As actividades que se levarán a cabo serán: INSCRICIÓNS: Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de Educación Infantil (3 anos) ata 6º de Educación Primaria, ambos inclusive. A cota que terá que pagar cada participante será de 25 euros por semana (5€ ó día). Os rapaces do ANPA de Salesianos terán 5€ de desconto a maiores sobre o total. É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as en toda á actividade, por iso dámosvos a opción de que participen por semanas independentes. As inscricións realizaranse de forma online dende o mércores 12 de agosto, no enlace que aparece a continuación. En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9h a 14h. *O primeiro día de actividade será preciso que traiades asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado, para participar en actividades de ocio educativo xuvenil, que estará dispoñible na web no apartado Protocolos e outros documentos COVID.
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR PROTOCOLO COVID19 TEMPO DE TROULA PREME AQUÍ PARA DESCARGAR DECLARACIÓN RESPONSABLE DE TEMPO DE TROULA
|
Tempo de troula
publicado en: Novas