Home » Novas » Actividades Extraescolares

Actividades Extraescolares

publicado en: Novas

Outro ano máis dende Amencer poñemos en marcha a nosa proposta de actividades extraescolares para o curso 2021/2022. Dentro da nosa proposta de actividades é preciso saber que:

  • Os nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria recolleranse nas súas aulas, o resto deberán dirixirse directamente a aula correspondente.
  • Debido aos axustes horarios do colexio salesianos pola pandemia, a hora de recollida dos rapaces adaptarase á franxa horaria de saída do participante.
  • No caso de Ed. Infantil e Primaria teremos un pequeno momento antes de comezar a actividade para que poidan merendar.
  • No caso de que algún rapaz/a non poida asistir a extraescolar, rógase avisar ben ao animador/a da mesma ou ben a través de calquera canle de comunicación de Amencer.
  • A última semana de clase do 1º trimestre non haberá ningunha sesión de extraescolares debido á preparación da Operación Quilo.
  • No caso de non chegar ao número mínimo nalgunha das extraescolares e polo tanto non saír adiante, informarase a máis tardar o 27 de setembro da cancelación da extraescolar e do proceso de devolución da cota.

Deste modo, a nosa proposta de actividades extraescolares é:

DESTINATARIOSDÍAHORARIOESPAZOCOTAGRUPO MÍNIMO
MÚSICA E MOVEMENTO (mediodía)Ed. InfantilMartes14.15 a 15.15Aula psicomotricidade95€/ano8 nenos
MÚSICA E MOVEMENTO
(tarde)
Ed. InfantilVenres17.30 a 18.30Aula psicomotricidade95€/ano8 nenos
CIENCIA DIVERTIDAEd. Infantil e
Ed. Primaria
Mércores17.30 a 18.30Laboratorios secundaria95€/ano8 nenos
COCIÑA DIVERTIDAEd. Infantil e
Ed. Primaria
Xoves17.30 a 19.00Comedor do pórtico150€/ano7 nenos
INFORMATICEd. PrimariaLuns17.30 a 18.30Aula informática ESO95€/ano8 rapaces
PYSSLA/HAMMAS BEADSEd. PrimariaMércores17.30 a 18.30Aula Innova95€/ano8 rapaces
INICIACIÓN AO TEATROEd. Primaria e ESOMartes 17.30 a 19.00Teatro150€/ano7 rapaces
OBRADOIRO DE GUITARRAEd. Primaria e ESOXoves17.30 a 19.00Aula música Primaria175€/ano6 rapaces
SALA DE ESTUDO
1 día semana
ESO e BacharelatoMartes/Mércores ou Xoves15.30 a 17.30Biblioteca Amencer95€/ano12 mozos
SALA DE ESTUDO
2 días/semana
ESO e BacharelatoMartes/Mércores ou Xoves15.30 a 17.30Biblioteca Amencer175€/ano12 mozos
SALA DE ESTUDO
3 días/semana
ESO e BacharelatoMartes/Mércores e Xoves15.30 a 17.30Biblioteca Amencer245€/ano12 mozos
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍAESO e BacharelatoMércores17.30 a 18.30Biblioteca Amencer95€/ano8 mozos
CLUB DE LECTURAESO, Bacharelato e Familias1 día ao mes
(a convir)
1 hora ao mes
(a convir)
Biblioteca AmencerGratuíto

INSCRICIÓNS

  1. Para poder participar nalgunha destas actividades será preciso cubrir o seguinte formulario de inscrición no cal é obrigatorio adxuntar un xustificante de pago (en caso de dúbida consultar en Amencer).
  2. Amencer dispón de diferentes formas de pago: efectivo, TPV ou transferencia bancaria (Número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Nome da extraescolar+ Nome do participante)
  3. Dispoñemos de dúas modalidades de pago:
    • Pago único: efectuarase no momento da inscrición
    • Pago fraccionado: efectuarase a primeira metade da cota no momento da inscrición e a segunda metade no mes de febreiro.

EN CASO DE BAIXA

  1. Non se considerará formalizada a baixa ata que non se cubra o correspondente formulario de baixa
  2. Devolverase a parte proporcional, tomando como referencia o costo anual da actividade fraccionada en 8 mensualidades
  3. Será necesario comunicar a baixa 2 días antes de finalizar o mes, senón cobrarse o seguinte. Exemplo: Se a baixa se produce o 13 de novembro, cobrarase o mes enteiro e devolverase a partir de decembro.