Home » Novas » XXXIV Campamento Urbano

XXXIV Campamento Urbano

publicado en: Novas

Un ano máis, e xa van 34, a Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha o Campamento Urbano “Cidade de Ourense” entre o 2 e o 12 de agosto. Baixo o lema “A diversión de sempre” a rapazada de entre 8 e 16 anos poderán desenvolver de xeito gratuíto unha morea de actividades nas dúas primeiras semanas de agosto. 

Por segundo ano, e con motivo da COVID19 o Campamento Urbano sufre varias modificacións con respecto ao esquema clásico que viñamos empregando tradicionalmente, por iso anota:


1 Xa non é UN Campamento Urbano, serán TRES Campamentos Urbanos os que se levarán a cabo en distintos horarios e espazos segundo as idades da rapazada: 


2 O horario de entrada e saída ampliase para que poida facerse de forma escalonada.


3 Teremos dous días de excursión de día completo (Día da Natureza: venres 6 de agosto e o Día da Auga: mércores 11 de agosto) no que o horario sufrirá modificacións e todos os participantes deberán cubrir a ficha de autorizacións.



4 As portas de entrada e saída serán diferenciadas segundo o grupo


5 Deberá entregarse obrigatoriamente o primeiro día a Declaración Responsable cuberta e asinada na porta


6 A Inscrición Previa é Obrigatoria, para poder participar no Campamento Urbano será necesario enviar a ficha de inscrición antes.


7 Dende Amencer seguimos traballando para ofrecer un verán para todos e todas que sexa seguro, por iso este verán máis que nunca contamos con vós!

Debido aos protocolos establecidos pola COVID-19 e á compatibilidade destes cos protocolos de outras entidades colaboradoras co Campamento Urbano, a programación irá sufrindo modificacións respecto á previsión inicial.