Home » Novas » Curso de Monitores de Tempo Libre

Curso de Monitores de Tempo Libre

publicado en: Novas

Un ano máis dende Amencer e a Escola de Tempo Libre Don Bosco ofertamos o Curso de Monitor/a de Tempo Libre. Este ano a maiores e de maneira on-line ofrecemos xunto con este título o curso de manipulador de alimentos e de prevención de riscos no tempo libre grazas a colaboración da Federación Don Bosco Galicia. Preme para máis información.

Requisitos

Para a matriculación no curso de monitores é imprescindible cumprir estes requisitos:

  • Ter máis de 18 anos no comezo do curso.
  • Ter o graduado escolar.

Descrición do curso

A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a Dirección Xeral de Xuventude. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre”. Entre estas, encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO, recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986. Todo o referente a esta titulación está descrito no decreto 50/2000 da Xunta de Galicia. O seguinte é unha síntese deste decreto.

Para a obtención deste título,o alumno/a debe superar dúas fases, descritas no decreto vixente na actualidade, reelaborado por esta escola:

Primeira fase

Chamada teórico-práctica,é a que se corresponde propiamente co curso. Ten unha duración de 200 horas, organizadas en xornadas de 10 horas ou 5 horas diarias, correspondentes polo xeral a unha materia do plan de estudos descrita no citado decreto, adaptado por esta ETL dentro das súas competencias. Seguindo a normativa autonómica actual, combinarase a modalidade presencial coa telemática.

En total o programa componse de 23 materias impartidas por 23 profesionais especialistas, entre as que encontramos materias como psicoloxía, programación, contextos de intervención, necesidades educativas especiais, dinámicas de grupo, medios de comunicación social, primeiros auxilios, técnicas de acampada, recursos de animación, animación musical, teatral e deportiva…

Segunda fase

Correspóndese cun periodo de prácticas, que se pode realizar ben dentro da nosa Escola en calqueira dos tres centros ubicados en Ourense, Santiago e Vigo ou ben en calquer outra entidade, seguindo unha destas dúas modalidades:

  • 14 días de actividades ao aire libre (campamentos, colonias….) en bloques non inferiores a tres días.
  • 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

Datas e horarios

  • Maio: os días 1,2, 8, 9, 15, 16 e 17.
  • Xuño: do día 5 ao día 23 e o 25 de xuño.

O curso levarase a cabo en horario de 09.00h-14.00h e 16.00h-21.00h. Excepto de luns a venres durante o mes de xuño , que as clases serán únicamente en horario de tarde de 16.00h a 21.00h

Como complemento ao CMTL, e incluidos dentro da cota do curso, ofrecemos en colaboración coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia os certificados de manipulador de alimentos e de prevención de riscos laborais no tempo libre. Estes son dous cursos oficiais e que se realizarán de forma online.

Prezo

O coste do curso son 250€. O prezo é conxunto polos 3 cursos. En caso de non realizar ningún curso online, o custo total non varía. Non inclúe as taxas de expedición do título.

Baixas

Toda notificación de baixa anterior ao mes previo do comezo do correspondente curso, dá dereito á devolución dun 50% do importe.

A non asistencia a un curso significa a perda de todos os dereitos de matrícula, así como o importe da mesma.

Anulación do curso

A Escola resérvase o dereito de anular algún curso cando o número de inscricións non sexa suficiente, o xuízo da entidade. Neste caso, devolverase o importe íntegro da matrícula.

Inscrición

A inscrición ao curso realizarase de forma telemática cubrindo o seguinte formulario. No caso de dificultade, pódese realizar presencialmente nas nosas oficinas.