Home » Novas » Grupos IEF – Asóciate!

Grupos IEF – Asóciate!

publicado en: Novas

SALTIMBANQUIS

Quen somos?

Saltimbanquis é un movemento educativo de nenos e nenas entre 6 e 8 anos (1ºEP a 3ºEP). Os Saltimbanquis pretenden recuperar o espirito Saltimbanqui co que Juanito reunía aos seus amigos.

Apúntaste á nosa pandilla?

Cando e que facemos?

Reunímonos unha vez por semana, todos os sábados de 11.15h a 13.00h para facer xogos, obradoiros, festas, saídas, merendas, rastrexos… Sempre rematando cunha reflexión. Pero non só cos rapaces, tamén contamos cos pais, día da familia, festa do pano…

ANDAINA

Quen somos?

Os e as Andaina somos un grupo de rapaces e rapazas entre 9 e 11 anos (4ºEP a 6ºEP) que buscan coñecer a rapaces/zas da súa idade, valorar aos demais e convivir con eles/as, divertirse xogando, repetando a natureza, mergulandose no mundo da imaxinación e da creatividade.

Cando e que facemos?

Os e as Andaina xuntámonos todos os sábados pola mañá, de 11:15 a 13:00 horas. Unha chea de incribles aventuras agardan por ti… Aprendemos a relacionarnos cos demais e descubrimos valores a través dos xogos e da reflexión en grupo. Realizamos xogos, obradoiros, rastrexos, festas, xincanas… ademais facemos excursións e saídas de fin de semana. 

ADS

Quen somos?

ADS somos un grupo de rapaces/as de 12 a 14 anos (1º e 2º ESO) O noso obxectivo é crear grupos de amig@s fomentando a relación humana e as relacións cristiás. Se queres coñcer rapaces/zas da túa idade, comparti, convivir, medrar como persoas, descubrir valores e vivilos, respetando e valorando as persoas e as cousas, anímate e apúntate a ADS

Cando e que facemos?

Xuntámonos todos os Sábados pola mañá en horario de 11:15h a 13:00h. Aprendemos a relacionarnos e descubrimos valores a través do xogo e da reflexión. Realizamos obradoiros, visitas, rastrexos… facemos excursións, minicampamentos e saídas de fin de semana e no verán temos un campamento para os ADS que desexen participar

ADOLESCENTES / JÓVENES

(ANTIGO CATECUMENADO)

Quen somos?

Catecumenado é un grupo para mozos/as de 15 a 18 anos (3ºESO a 1º UNIVERSIDADE) que queren facer un proceso de maduración persoal a través da experiencia de acompañamento do grupo e de acordo cunha opción cristiá de Fe, coñecendo e fomentando os valores do modelo de vida de Xesús

Cómo o facemos?

A través de reunións semanais, encontros e celebracións trimesytais, momentos de convivencia, activadades de compromiso e o cursiño de verán.

Cales son os nosos obxectivos?

/COÑECER-ME/: Para medrar preciso saber quen son… E por iso potenciamos a reflexión. O feito de non facer as cousas sen máis, senón pensándoas…

/COÑECER-NOS/: Medramos xuntos/as…E por iso favorecemos a comunicación, abrímonos á confianza entre os/as do grupo, proxectamos accións  e momentos xuntos/as…

/COÑECE-LO/: Vivimos nun mundo común…E por iso procuramos coñecer mellor a sociedade e a nosa realidade , e tratamos de construír un mundo mellor aquí e agora…

/COÑECE-LO/: Xesús de Nazaret é o noso modelo de persoa…E por iso procuramos coñecer mellor a súa mensaxe e a  súa vida , celebramos xuntos/as a nosa fe…