Home » Novas » IX Tempo de Troula Setembro

IX Tempo de Troula Setembro

publicado en: Novas

A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos a posta en marcha un ano máis da actividade para as tardes de setembro, Tempo de Troula. Dende o 9 ao 30 de setembro polas tardes para o entretemento de nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prazas limitadas!

Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, favorecer tamén a participación e o traballo en equipo. Outro dos nosos obxectivos é facilitarvos a conciliación da vosa vida laboral coa vosa vida familiar.

A causa da situación que vivimos, tivemos que adaptar as nosas actividades a esta nova realidade, pero sen perder o noso estilo. Deste modo, e seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias competentes, foi necesario reorganizar o noso habitual esquema para poder ofrecer actividades con seguridade.

HORARIOS E DATAS

As actividades da IX edición de Tempo de Troula Setembro realizaranse de luns a venres dende o primeiro día de curso escolar, 9 de setembro, ata o 30 de setembro. O horario das actividades será dende ás 15:30h. ata ás 17:30h (dispoñibilidade de quedar antes das 15.30h ou quedar máis tempo das 17:30h, preguntar en Amencer) nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer e nos xardíns do colexio salesiano.

Os nenos e nenas que queden a comer no comedor do colexio salesiano, poderemos recollelos ás 15h, para levalos directamente á actividade, sempre que se indique na ficha de inscrición.

DESTINATARIOS

Os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de Infantil (3 anos), ata 6º de Primaria (incluídos) de calquer colexio de Ourense.

Recomendamos a todos os participantes que traian unha gorra e unha botella de auga (se é posible con nome).

PROGRAMACIÓN

Priorizarase a realización de tódalas actividades ao aire libre. Algunhas das actividades que se levarán a cabo serán obradoiros, grandes xogos, animación á lectura, ciencia divertida, xincanas musicais, deportivas…

COTAS

A cota que terá que pagar cada participante será de 25 euros por semana (5€ ó día). Os rapaces do ANPA de Salesianos terán 7€ de desconto a maiores sobre o total.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as en toda á actividade, por iso dámosvos a opción de que participen por semanas independentes.

INSCRICIÓNS

As inscricións realizaranse de forma online no enlace que aparece a continuación. En caso de dúbidas ou dificultade para realizar a inscrición contactar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9h a 14h, para poder realizala presencialmente nas nosas instalacións.

O primeiro día de actividade será preciso que traer asinado o modelo de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado (DECLARACIÓN RESPONSABLE) para participar en actividades de ocio educativo xuvenil.