Home » Novas » MAGOSTO INFANTIL 2023

MAGOSTO INFANTIL 2023

publicado en: Novas

As animadoras e os animadores de Trisquel da Asociación Xuvenil AMENCER poñémonos en contacto convosco para informarvos da saída conxunta que vai ter lugar o sábado 18 de noviembre con motivo da festa dos Magostos.
O lugar escollido son os patios do Seminario Maior, a onde iremos andando e pasaremos todo el día.
SAÍDA: será a las 11:00 h. do pórtico do colexio salesiano
REGRESO: ás 18:00 h. (todos os grupos)
Cadaquén debe levar a súa comida, bebida,… tamén roupa de abrigo, calzado cómodo e moitas ganas de pasalo ben. Ao facer lume quen o desexe pode traer un anaco de pan e un chorizo para asar e castañas xa picadas.

Gustaríanos que os rapaces e rapazas puideran gozar e coñecer mellor esta festa típica galega, polo que sería bo que non levasen lambetadas, patacas fritas, chocolatinas … Que tan solo leven a comida necesaria e propia desta festa. Tamén recomendamos que non leven a mochila moi cargada, posto que camiñaremos varios kilómetros con ela ó lombo e só imos estar fóra da casa unhas horas. Todas estas indicaciones pretenden ir en clave educativa. Queremos que os rapaces e rapazas non vivan o magosto como unha saida mais.

Nota: Con este formulario estase a probar unha nova plataforma de inscrición que se implantará de forma definitiva o vindeiro curso. Ao longo deste ano continuaremos coas probas. Graciñas pola colaboración.Para que se poida enviar o formulario ten que ter todos os ocos cubertos,se o destinatario non ten DNI ou non o tes a man selecciona a opción de outros, se non queres por un 2º Titor seleccione NO no apartado correspondente,pode tardar uns intres en realizar o envío,se non deixa envialo revisa o formulario que teña datos válidos e ningún oco sen cubrir. Grazas