Home » Novas » Mañás de Nadal

Mañás de Nadal

publicado en: Novas

Un ano máis poñemos de novo en marcha as XIV Mañás de Nadal! Un proxecto que pretende educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos vosos fillos/as, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar.

  • Mañás de Nadal Infantil para nenos/as de 4ºEI, 5ºEI e 6ªEI
  • Mañás de Nadal Primaria/Secundaria para rapaces/zas de 1ºEP a 2ºESO
  • Ampliación de espazos, promovendo as actividades ao aire libre, en función da climatoloxía
  • Reforzo significativo e limpeza exhaustiva de materiais e instalacións empregados.
  • O pequeno grupo de convivencia será a base de toda actividade que se organice para evitar contactos masivos.
  • Seguimento diario de asistencia/ausencia coas familias.
  • Formación específica para monitores e dun xeito lúdico para rapaces/zas.
  • A secretaria coa inscrición será online, aínda que se facilite a quen o precise en formato papel.

PROGRAMACIÓN E AVISOS

As actividades que se levarán a cabo irán dende obradoiros, grandes xogos, animación á lectura, deportes, pista de xeo, visita de Papa Noel e Reis Magos…

No seguinte enlace teredes dispoñible o programa de actividades e o que os rapaces/zas precisan traer cada día. Esta programación pode sufrir modificación por motivos alleos á organización, polo que rogamos revisar os e avisos diarios, que colocaremos nas entradas, nas redes sociais e na páxina web.

Como cada ano, ofreceremos programas diferentes en función das idades dos/as participantes e cada programa será completamente independente do resto, cun equipo de monitores/as propio, espazos de uso exclusivo e dándolle preferencia aos espazos ao aire libre.

As actividades desenvolveranse principalmente nas instalacións do colexio salesiano, ademáis contemplase xa en programación saídas puntuais en pequenos grupos a parques ou zonas da cidade próximas ás instalacións.

ENQUISA AVALIATIVA

Queremos coñecer o voso parecer sobre algunhas cuestións, de cara a facer a memoria de actividades e recoller suxestións e propostas de programación para novas edicións de Mañás de Nadal, por iso gustaríanos que antes de rematar Mañás de Nadal cubrirades esta enquisa. Graciñas por colaborar connosco e perdoade polos erros que poidamos ter.

DATAS E HORARIOS

As actividades de Mañás de Nadal realizaranse de luns a venres nas instalacións do Colexio Salesianos Mª Auxiliadora

Este ano continuaremos co novo horario que implantamos o ano pasado. O horario das actividades será de 9.30h a 13.30h. con apertura de portas pola mañá dende ás 8.30h ata 9.30h, e ao mediodía dende ás 13.30h ata ás 14h, co fin de facilitar as entradas e saídas escalonadas.

Como novidade nesta edición, volveremos a ofertar o servizo de comedor dende ás 14h ata ás 15.15h, coa posibilidade de que os rapaces/zas coman neste tempo, traendo unha fiameira que poidan consumir de modo individual.

  • 1º semana, 22 e 24 de decembro (3 días)
  • 2º semana, do 27 ao 31 de decembro (5 días)
  • 3º semana, 3-4-5 e 7 de xaneiro (4 días)

COTAS

O prezo inclúe, entre outras cousaso emprego de materiais, animadores/as, uso de instalacións, e especialmente este ano produtos de desinfección, limpeza e protección individual. A cota de cada participante dependerá do número de semanas nas que participe e se é socio do ANPA do colexio salesiano María Auxiliadora, xa que contará cun desconto de 7€.

1ºSEMANA2º SEMANA3º SEMANATÓDOLOS DÍAS
XERAL36€60€48€110€
SOCIOS/AS ANPA
MARÍA AUXILIADORA
29€53€41€103€

  • Servizo de comedor: 10€/semana (mínimo 10 nenos/as anotados)
  •  (do 22 ao 23 de Decembro son 6€)
  • (do 27 o 31 de Decembro son 10€)
  • (do 3-4-5-7 de Xaneiro son 8€ )     

Unha cousa que queremos deixar clara desde a organización é que non queremos que ningún rapaz/a deixe de participar e gozar desta oportunidade só por motivos económicos. Por iso, se algunha familia se atopa nesta situación, que se poña en contacto con nós para buscar a mellor solución entre todos.

INSCRICIÓNS

Os destinatarios/asdestas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 2º da ESO, ambos inclusive.

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as as tres semanas de campamento, por iso dámosvos a opción de que participen unha, dúas ou tres que vós elixiriades, pero sempre semanas enteiras, nunca días soltos. Sempre que queden prazas e por rigorosa orde de inscrición, poderedes facer ampliación en secretaría antes do xoves da semana anterior.

As inscricións  realizaranse de forma online dende día de subida .  En caso de dúbidas ou dificultade consultar en secretaría ben por correo electrónico ou por teléfono en horario de 9.00 a 14.00.

En caso de baixa do neno/a devolverase o 100% dos cartos soamente se a baixa está cursada antes do 16 de decembro. Despois desta data se a baixa está cursada antes do martes da semana anterior a participar devolverase o 50% da totalidade polos gastos de xestión. A partir do mércores da semana previa non se cursarán baixas para a semana seguinte.

AMPLIACIÓNS

Os prazos de ampliación para as vindeiras semanas pecharase os xoves da semana anterior ás 14h. O proceso para formalizar a ampliación será o seguinte: 

  1. Contactar por teléfono coa secretaría de Mañás de Nadal  de 9.00-14.00 para consultar as prazas dispoñible
  2. Realizar a transferencia ao mesmo número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Ampliación MDV+ Nome do participante)
  3. Enviar ao correo secretaria@amencer.org indicando o Nome do participante e a semana que amplía, anexando o comprobante bancario da transferencia.