Outro ano máis dende Amencer poñemos en marcha a nosa proposta de actividades extraescolares para o curso 2022/2023. Dentro da nosa proposta de actividades é preciso saber que:
Deste modo, a nosa proposta de actividades extraescolares é:
DESTINATARIOS | DÍA | HORARIO | ESPAZO | COTA | |
---|---|---|---|---|---|
XOGANDO CO INGLÉS | Ed. Infantil | Luns | 17.30 a 18.30 | Biblioteca Amencer | 150€/ano |
CIENCIA DIVERTIDA | Ed. Infantil e Ed. Primaria | Mércores | 17.30 a 18.30 | Laboratorios secundaria | 120€/ano |
COCIÑA DIVERTIDA | Ed. Infantil e Ed. Primaria | Xoves | 17.30 a 19.00 | Comedor do pórtico | 175€/ano |
MÚSICA E MOVEMENTO | Ed. Infantil | Venres | 17.30 a 18.30 | Aula psicomotricidade | 120€/ano |
OBRADOIRO DE GUITARRA | Ed. Primaria e ESO | Luns | 17.30 a 19.00 | Aula Música Primaria | 175€/ano |
INICIACIÓN AO TEATRO | Ed. Primaria e ESO | Martes | 17.30 a 19.00 | Teatro | 175€/ano |
CLUB DE LECTURA | ESO, Bacharelato e Familias | 1 día ao mes (a convir) | 1 hora ao mes (a convir) | Biblioteca Amencer | Gratuíto |
INSCRICIÓNS
- Para poder participar nalgunha destas actividades será preciso cubrir o seguinte formulario de inscrición no cal é obrigatorio adxuntar un xustificante de pago (en caso de dúbida consultar en Amencer).
- Amencer dispón de diferentes formas de pago: efectivo, TPV ou transferencia bancaria (Número de conta ES12 2080 5261 1130 0001 1450 (A BANCA) co concepto (Nome da extraescolar+ Nome do participante)
- Dispoñemos de dúas modalidades de pago:
- Pago único: efectuarase no momento da inscrición
- Pago fraccionado: efectuarase a primeira metade da cota no momento da inscrición e a segunda metade no mes de febreiro.
- Se a inscrición realizárase durante o curso escolar, cobrarase a parte proporcional correspondente ao período.
EN CASO DE BAIXA
- Non se considerará formalizada a baixa ata que non se cubra o correspondente formulario de baixa
- Devolverase a parte proporcional, tomando como referencia o costo anual da actividade fraccionada en 8 mensualidades
- Será necesario comunicar a baixa 2 días antes de finalizar o mes, senón cobrarse o seguinte. Exemplo: Se a baixa se produce o 13 de novembro, cobrarase o mes enteiro e devolverase a partir de decembro.