Un ano máis, e xa van 35, a Asociación Xuvenil Amencer pon en marcha o Campamento Urbano “Cidade de Ourense” entre o 1 e o 11 de agosto. Baixo o lema “Paixón de Verán” a rapazada de entre 8 e 16 anos poderán desenvolver de xeito gratuíto unha morea de actividades nas dúas primeiras semanas de agosto.
Este ano volvemos ao formato pre-Covid, ao esquema clásico que viñamos empregando tradicionalmente. Por iso:
LUNS 1: Día da Benvida
de 10.30h a 13.30h
MARTES 2: Día da Cultura Urbana
de 10.30h a 13.30h
MÉRCORES 3: Día da Xuntanza
de 10.30h a 19.30h (precisa autorización)
XOVES 4: Día da Natureza
de 10.30h a 19.30h (precisa autorización)
VENRES 5: Día dos Deportes
de 10.30h a 13.30h
VENRES 5: Noite dos pequenos (8-11 anos)
de 22.30h a 9.00h (precisa de autorización)
LUNS 8: Día do Casco Vello
de 10.30h a 13.30h
e de 16.30h a 19.30h
MARTES 9: Día da Praia
de 9.30h a 19.30h (precisa autorización)
MÉRCORES 10: Día de Entroido por Barrios
de 10.30h a 13.30h
e de 16.30h a 19.30h
(excepto 10-11-12 anos:piscina e
15-16 anos de 16.30h a 00.00h
XOVES 11: Día da Despedida.
de 10.30h a 17:00h
Ademais, as tardes do luns 1, martes 2, venres 5, mércores 10 e xoves 11
de 16.30h a 19.30h
Sala de xogos, ludoteca, tebeoteca, videoteca ,animación á lectura, saídas pola cidade, piscina, tardes deportivas, exhibicións, obradoiros, grandes xogos, wii, play, sala de baile, teatro, futbolín, pimpón e moito máis….
E as noites do 1 ao 10 de agosto:
Campamento Urbano Xuvenil, a partir de 16 anos.
A inscrición realizarase PREVIAMENTE e de forma GRATUITA e OBRIGATORIA.Saldra nos vindeiros días.
Para máis información ou consulta, podes achegarte as nosas oficinas na Praza Don Bosco 1 nos baixos do colexio Salesianos, por teléfono no 988 218 123, por correo-e amencer@amencer.org o a través das nosas redes sociais.