Home » Novas » Tardes Abertas

Tardes Abertas

publicado en: Novas

A Asociación Xuvenil Amencer vólvese pór en contacto convosco para anunciarvos que xa podedes inscribir aos vosos/as fillos/as a Tardes Abertas! Un proxecto que nace nesta situación tan complicada, logo de que moitas familias se puxeran en contacto con nós para comentarnos a súa necesidade de conciliar a vida laboral e familiar, ofrecendo aos nenos/as un momento lúdico-educativo de xogo con outros nenos/as da súa idade.

DATAS, HORARIOS E INSTALACIÓNS

O horario será desde as 17:30h. ata as 19:30h. nas instalacións da Asociación Xuvenil Amencer: Xangal e Biblioteca con posibilidade se fose necesario de quedar máis tempo despois das 19.30h, consultando en Amencer.

Debido ao carácter de conciliación deste proxecto, os animadores/as do grupo poderán recoller aos nenos e nenas nas súas aulas do colexio Salesianos María Auxiliadora para levalos directamente á actividade (adaptado aos horarios de saída escalonada do colexio), marcándoo na ficha de inscrición e indicando o seu grupo-clase.

Este proxecto levarase a cabo dende o 3 de outubro de 2022 ata o 31 de maio do 2023, xa que rematan as clases polas tardes.

GRUPOS

Algunhas das actividades que levaremos a cabo serán deportes, xogos, obradoiros…. a través de pequenos grupos de convivencia compostos tanto polos animadores/as como polos nenos/as, que se manterán durante todo o proxecto. Para poder poñer en marcha o proxecto será necesario un grupo mínimo por día de 4 nenos/as.

COTAS

É posible que non vos interese ou non poidades traer aos vosos fillos/as toda a semana dámosvos a opción de que participen un, dous, tres, catro ou cinco días á semana, polo que a cota de cada participante dependerá do número de días á semana nos que participe.

O pago do primer mes adxuntarase directamente no momento da inscrición facendo ben pago por transferencia bancaria (no número de conta que aparece na ficha de inscrición) ou ben por TPV nas oficinas. Os seguintes meses os ingresos poderán realizarse do mesmo modo: TPV ou transferencia (NON facemos domiciliacións)

COTA MENSUALDESCONTOCOTA MENSUAL FINAL
1 DÍA/SEMANA24€0%24€
2 DÍAS/SEMANA48€5%45.60€
3 DÍAS/SEMANA72€5%68.40€
4 DÍAS/SEMANA96€10%86.40€
5 DÍAS/SEMANA120€15%102€

INSCRICIÓNS

Como xa comentabamos os destinatarios/as destas actividades poderán ser todos os nenos e nenas dende 4º de EI ata 6º de EP, ambos inclusive.

As inscricións  realizaranse de forma online. En caso de dúbidas ou dificultade para realizar a inscrición poñerse en contacto con nós para facela directamente nas nosas oficinas.