Home » Sen categorizar » Voluntari@s Campamento Urbano 2022

Voluntari@s Campamento Urbano 2022

publicado en: Sen categorizar

Anótate como voluntari@ do Campamento Urbano! Se estás dispoñible os días 30 de xullo e do día 1 ao día 11 de agosto anímate a participar. O Campamento Urbano de Ourense cumple *35 anos* na cidade!! Levamos 35 anos disfrutando dun campamento *totalmente gratuito* para os nenos e nenas de entre 8 e 16 anos. Esto soamente foi posible grazas a persoas voluntarias coma ti. Apúntate a formar parte desta experiencia de voluntariado: comparte tempo e espazo cos máis cativos e cativas da cidade; convive con outros animadores e animadoras voluntarios; disfruta das festas, convivencias, tempo libre… e moito máis! Benvid@ ao noso caos organizado!!

DIAS DO CAMPAMENTO URBANO 2022

Luns 1: Dia da Benvida

Martes 2: Dia da Cultura Urbana

Mércores3: Dia da Xuntanza *

Xoves 4: Dia da Natureza *

Viernes 5: Dia dos Deportes, Noite de pequenos

Luns 8: Dia do Casco Vello

Martes 9: Dia da Praia**

Mércores 10: Dia de Entroido por barrios

Xoves 11: Dia da Despedida

* De 10.30 a 19.30

** De 9.30 a 19.30