Home » Novas » Inscrición campamentos verán IEF 2023

Inscrición campamentos verán IEF 2023

publicado en: Novas

Un ano máis dende Amencer e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán que este ano conten novidades en canto as inscricións.

Xa está aberto o período de inscrición que se pechará o 31 de maio, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.

A continuación detallamos o proceso de inscrición:

  • A partir do 16 de marzo e ate o 31 de maio formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
  • A partir do 31 de maio en caso de baixa non se devolve o diñeiro da inscrición.

FECHAS,LUGARES E CUOTAS 

·         Saltimbanquis : 30 Xuño – 2 Xullo. Cambados. ( 95€)

·         Andaina: 2-9 de Xullo. Cambados.( 245€)

·         ADS: 9-16 de Xullo.   Cambados. ( 245€)

·         Iniciación 1y2: 16-23 de Xullo.   Cambados.( 245€)

·         Catecumenado 1y2: 23-30 de Xullo. Cambados. ( 245€)

Comunicarvos tamén que teremos unha reunión con todas as familias para informarvos e presentarvos a oferta da campaña de verán 2023, máis concretamente dos campamentos do itinerario de educación na fe (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado,…). Convidámosvos a participar para que podades preguntarnos todas as dúbidas que teñades e podades levar a información de cada unha das actividades que realizaremos este verán.

Para calquera dúbida podedes consultar en Amencer ou aos responsables dos distintos grupos.

Sen máis, e animando a que podades acudir á cita, recibide un agarimoso saúdo.                                            

 Animadoras/es Trisquel