Home » Novas » Acampada Andaina 2024

Acampada Andaina 2024

publicado en: Novas

Benqueridas familias:

Poñémonos en contacto convosco para comunicarvos que o sábado, día 11 de Maio, temos

programada unha acampada para os rapaces e rapazas de Andaina. Esta actividade ten a finalidade de pasar

mais tempo de convivencia con eles antes do campamento de verán.

A actividade comezará o sábado día 11 de Maio ás 11.15 horas da mañá no Colexio Salesianos e rematará

o domingo día 12 ao redor das 10.00 horas da mañá, cando cheguemos de novo áo colexio. A actividade

conta con diferentes xogos e probas na cidade e dende alí dirixirémonos ata a Lonia para durmir en tendas

de campaña nunha finca privada.

Qué deben levar?:

  • Nunha mochila a comida e merenda do sábado, auga, gorra e crema de sol.
  • Noutra mochila: roupa de abrigo e unha muda, esterilla e saco de durmir, (a cea do sábado e o

almorzo do domingo darémolo nós)

N.B.: A segunda mochila, xunto co saco e a esterilla, será transportada en vehículos de Amencer ate o lugar

de acampada.

Así mesmo, é bo que veñan con roupa e calzado cómodo, para poder camiñar e xogar.

No caso de que algún rapaz/a non se poda incorporar á actividade ás 11.15 horas do sábado, poderá

preguntar en Amencer para resolvelo da mellor forma posible.

O móbil de Amencer 627963883, permanecerá dispoñible durante todo o día para emerxencias.

Esta actividade terá un custe económico de 5€; e os rapaces/zas precisarán da vosa

autorización, que deberedes cubrir co formulario que se atopa na nosa

paxina web, www.amencer.org

Data máxima de inscrición Xoves 9 de Maio as 20:00 da tarde.

Sen máis, e animando a que os vosos rapaces/zas participen, recibide un agarimoso

saúdo.

N.B.: Esta actividade, loxicamente, suple a actividade en horario habitual de Andaina nesta fin de

semana.

Animadoras/es de Andaina