Home » Novas » PRESINCRICIÓN CAMPAMENTOS DE VERÁN IEF

PRESINCRICIÓN CAMPAMENTOS DE VERÁN IEF

publicado en: Novas

Benqueridas familias:

Un ano máis dende Amencer e xunto coa Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia estamos a organizar a campaña de verán que este ano conten novidades en canto as inscricións.

Xa está aberto o período de preinscrición que se pechará o 22 de marzo, posto que cada campamento terá un máximo de participantes en función do aloxamento e das idades.

A continuación detallamos o proceso de inscrición:

Xa podedes preinscribiros aos campamentos de Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado (até o 22 de marzo) a través da páxina web de Amencer en www.amencer.org . A preinscrición e reserva de praza farase por orde de entrega.

  • Xunto coa preinscrición pagarase a través de transferencia bancaria ou por TPV unha cota de 50€ para todos os campamentos excepto Saltimbanquis.
  • A partir do 23 de marzo e ate o 31 de maio formalizarase a inscrición definitiva dos participantes, e se aboará o resto da cota. Soamente poderán inscribirse novos participantes se quedasen prazas libres.
  • A partir do 23 de marzo en caso de baixa non se devolve o diñeiro da preinscrición.

DATAS e PREZOS

  • Saltimbanquis: 28 de Xuño – 30 de Xuño (Castrelo – Cambados): 90 Euros.
  • Andaina: 30 de Xuño – 7 de Xullo (Castrelo – Cambados): 250 Euros.
  • ADS: 7 de Xullo – 14 de Xullo (Castrelo – Cambados): 250 Euros.
  • Adolescentes (Iniciación 1 e 3): 14 de Xullo – 21 de Xullo (Castrelo – Cambados): 250 Euros.
  • Xuventude 1 e 2 (Catecumenado 1 e 2): 21 de Xullo – 28 de Xullo ( Castrelo – Cambados ): 250 Euros.

Comunicarvos tamén que o vindeiro martes día 6 de febreiro, ás 20:00 na Aula Magna do colexio salesiano, teremos unha reunión con todas as familias para informarvos e presentarvos a oferta da campaña de verán 2024, máis concretamente dos campamentos do itinerario de educación na fe (Saltimbanquis, Andaina, ADS, Catecumenado,…). Convidámosvos a participar para que podades preguntarnos todas as dúbidas que teñades e podades levar a información de cada unha das actividades que realizaremos este verán.

Para calquera dúbida podedes consultar en Amencer ou aos responsables dos distintos grupos. Sen máis, e animando a que podades acudir á cita, recibide un agarimoso saúdo.