Home » Novas » Xuntanza IEF Vigo 2024

Xuntanza IEF Vigo 2024

publicado en: Novas

Benqueridas familias:

Os animadores e animadoras de Saltimbanquis e ADS poñémonos en contacto convosco con motivo da próxima realización da Xuntanza dos grupos do itinerario na Fe de Galicia. Nesta ocasión o grupo de Andaina non participará xa que tiveron a súa xuntanza en marzo polo 35 aniversario. Este ano queremos celebralo en Vigo, polo vindeiro aniversario dos 45 anos do seu centro xuvenil. Ao longo de todo o día realizaremos distintas actividades pola cidade.

Con esta actividade, que facemos todos os anos, pretendemos que os nenos e nenas dos diferentes lugares se coñezan de cara aos campamentos de verán, descubrindo que hai máis nenos e nenas que están facendo as mesmas actividades en diferentes cidades.

Como noutras ocasións animámosvos a que convidedes aos vosos fillos/as a participar nesta actividade e que calquera dúbida ou cuestión que creades oportuno clarexar nolo digades para poder falalo.

Luns 6 de Maio, derrareiro día para anotarse.

Estes son os datos xerais da saída:

Sábado 11 de Maio

HORARIO:
SAÍDA: Ás 09.30 h. en Amencer
CHEGADA: Ás 19:30 – 20.00 h. en Amencer
PRECIO:
15€
Que precisan:
SALTIMBANQUISADS
Xantar, merenda e auga
Roupa cómoda e gorra
Símbolos (Pano, pasador, quen o teña)
Xantar, merenda e auga
Roupa cómoda e gorra