• ief (pequeña)

     

    Aberto o prazo de inscrición para os  grupos do IEF: Saltimbanquis, Andaina, ADS e Catecumenado! Preme aquí para saber máis!

    CALENDARIO ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

     

    cALENDARIO (grande)

     

    * Todas as actividades deste calendario poden sufrir modificacións  en función das restricións que se vaian adoptando no concello de Ourense para facer fronte á crise sanitaria causada polo SARS-CoV-2. Consulta a web  amencer.org ou as nosas redes sociais para estar ao tanto

     

     

     

    SALTIMBANQUIS

    Quen somos?saltimbanquis (grande)

    Saltimbanquis é un movemento educativo de nenos e nenas entre 6 e 8 anos (1ºEP a 3ºEP). Os Saltimbanquis pretenden recuperar o espirito Saltimbanqui co que Juanito reunía aos seus amigos.

    Apúntaste á nosa pandilla?

    Cando e que facemos?

    Reunímonos unha vez por semana, habitualmente os venres de 18.00h a 19.30h e algún sábado de 11.15h a 13.00h para facer xogos, obradoiros, festas, saídas, merendas, rastrexos… Sempre rematando cunha reflexión. Pero non só cos rapaces, tamén contamos cos pais, día da familia, festa do pano...

     

    ANDAINA

    Quen somos?Andaina (grande)

    Os e as Andaina somos un grupo de rapaces e rapazas entre 9 e 11 anos (4ºEP a 6ºEP) que buscan coñecer a rapaces/zas da súa idade, valorar aos demais e convivir con eles/as, divertirse xogando, repetando a natureza, mergulandose no mundo da imaxinación e da creatividade.

    Cando e qué facemos?

    Os e as Andaina xuntámonos todos os sábados pola mañá, de 11:15 a 13:00 horas. Unha chea de incribles aventuras agardan por ti... Aprendemos a relacionarnos cos demais e descubrimos valores a través dos xogos e da reflexión en grupo. Realizamos xogos, obradoiros, rastrexos, festas, xincanas… ademais facemos excursións e saídas de fin de semana. 

     

    ADS

    Quen somos?ADS (grande)

    ADS somos un grupo de rapaces/as de 12 a 14 anos (1º e 2º ESO) O noso obxectivo é crear grupos de amig@s fomentando a relación humana e as relacións cristiás. Se queres coñcer rapaces/zas da túa idade, comparti, convivir, medrar como persoas, descubrir valores e vivilos, respetando e valorando as persoas e as cousas, anímate e apúntate a ADS

    Cando e qué facemos?

    Xuntámonos todos os Sábados pola mañá en horario de 11:15h a 13:00h. Aprendemos a relacionarnos e descubrimos valores a través do xogo e da reflexión. Realizamos obradoiros, visitas, rastrexos… facemos excursións, minicampamentos e saídas de fin de semana e no verán temos un campamento para os ADS que desexen participar

     

    CATECUMENADO

    Quen somos?Cate 1 (grande)

    Catecumenado é un grupo para mozos/as de 15 a 18 anos (3ºESO a 1º UNIVERSIDADE) que queren facer un proceso de maduración persoal a través da experiencia de acompañamento do grupo e de acordo cunha opción cristiá de Fe, coñecendo e fomentando os valores do modelo de vida de Xesús

     

    Cales son os nosos obxectivos?

    • /COÑECER-ME/: Para medrar preciso saber quen son… E por iso potenciamos a reflexión. O feito de non facer as cousas sen máis, senón pensándoas…
    • /COÑECER-NOS/: Medramos xuntos/as…E por iso favorecemos a comunicación, abrímonos á confianza entre os/as do grupo, proxectamos accións  e momentos xuntos/as...
    • /COÑECE-LO/: Vivimos nun mundo común…E por iso procuramos coñecer mellor a sociedade e a nosa realidade , e tratamos de construír un mundo mellor aquí e agora...CAte 2 (grande)
    • /COÑECE-LO/: Xesús de Nazaret é o noso modelo de persoa...E por iso procuramos coñecer mellor a súa mensaxe e a  súa vida , celebramos xuntos/as a nosa fe...

    Cómo o facemos?

    • Reunión semanal.
    • Encontros e celebracións trimestrais.
    • Momentos de convivencia.
    • O cursiño de verán.
    • Actividades de compromiso.

     

    PARA  FACER A INSCRICIÓN PARA CALQUERA DOS GRUPOS, PREME NA SEGUINTE IMAXE PARA ACCEDER AO FORMULARIO:

     

    (pequeña)


     

    Copyrigth © ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER, todolos dereitos reservados. | Certos contidos poden estar baixo "Copyrigth ®" ou ser "Marcas Rexistradas ™" dos seus títulares, queda terminantemente prohibido o uso dos contidos de esta páxina web sen o consentemento por escrito de. AVISO LEGAL

    Powered by ciolet.com - Producto baixpo licencia "Orixinal" ofrecida por CIOLET SYSTEMS A.N.T. SLU